Deputación de Lugo

A Deputación solidarízase coas familias das vítimas do accidente ferroviario de O Porriño

Imaxe deputación de lugo

O Goberno provincial da Deputación de Lugo manifestou esta mañá a solidariedade coas familias das vítimas do accidente ferroviario que tivo lugar está maña no Porriño.

Así o informou o voceiro do Goberno, Pablo Rivera Capón, que subliñou “o máximo apoio da institución provincial lucense a familiares, amigos e coñecidos das 4 vítimas mortais e máis de 50 feridos”.

Nesta liña, Rivera Capón destacou a necesidade de esclarecer os feitos deste terrible accidente do tren, que cubría a liña Vigo-Oporto, e que arrancou ás 09:02 horas dende a cidade olívica. O suceso tivo lugar ás 09:25 horas no concello pontevedrés do Porriño.