Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación financia no Sur con 443.600 euros 60 actuacións en impulso ao sector primario e ao rural

Imaxe deputación de lugo
- Fíxoo en núcleos rurais de 11 Concellos do Sur, aos que pertencen os colectivos veciñais beneficiados das axudas do plan de impulso ao sector primario e ao rural
- 8 actuacións en terras abandonadas, 17 en viñedos, 5 en hortas, 9 en accesos públicos, 7 en traídas de auga e 14 en centros sociais
- Recibidas outras 500 solicitudes para as novas axudas de 2,2 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno da Deputación para favorecer a vida no rural e do rural

O Goberno da Deputación financiou con 443.600 euros un total de 60 actuacións que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos rurais de 11 Concellos do Sur lugués, aos que pertencen os colectivos veciñais beneficiados das axudas do plan de impulso ao sector primario e ao rural. Estes municipios son os de Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

O número de actuacións levadas a cabo (60) é o mesmo que o de axudas económicas concedidas a outras tantas asociacións de veciños do Sur da provincia, que participaron nun proceso público de concorrencia competitiva e aberto a toda á cidadanía. A finalidade destas actuacións é a seguinte:

- Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 8 axudas de 62.435 euros para a recuperación de terras abandonadas, que agora están a producir. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

- Impulso ao sector vitivinícola coa mellora de viñedos. 17 axudas de 88.782 euros foron para o acondicionamento de viñedos.

- Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 5 axudas de 23.912 euros para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 9 axudas de 98.136 euros para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 7 axudas de 85.071 euros para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

- Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 14 axudas de 85.255 euros para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Distribución por concellos
O Goberno da Deputación achegou á zona Sur 443.600 euros, que representan máis do  20% dos fondos do plan de impulso ao medio rural e do sector primario. A distribución deste orzamento por Concellos é a seguinte:

  • En Bóveda o Goberno da Deputación investiu 31.685 euros en 3 actuacións: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 9.000 euros; e 2 son para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais, con 22.685 euros.
  • En Carballedo o Goberno da Deputación Deputación investiu 10.521 euros en 2 actuacións: 1 para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros, con 3.112 euros; e 1 para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais, con 7.409 euros.
  • En Chantada o Goberno da Deputación investiu 56.706 euros en 10 actuacións: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 3.825 euros; 3 para o acondicionamento de viñedos, con 18.000 euros; 2 para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros, con 10.800 euros; 1 para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais, con 12.000 euros; e 3 para para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais, con 12.077 euros.
  • En Monforte de Lemos o Goberno da Deputación investiu 59.200 euros en 9 actuacións: 3 para o acondicionamento de viñedos, con 9.242 euros; 3 para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais, con 31.160 euros; 1 para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais, con 11.925 euros; e 2 para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais, con 6.872 euros.
  • En Pantón o Goberno da Deputación investiu 26.892 euros en 6 actuacións: 3 para o acondicionamento de viñedos, con 17.660 euros; e 3 para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais, con 9.232 euros.
  • Na Pobra do Brollón o Goberno da Deputación investiu 54.000 euros en 6 actuacións: 2 para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros, con 10.000 euros; 2 para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais, con 20.000 euros; e 2 para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais, con 24.000 euros.
  • En Quiroga o Goberno da Deputación investiu 21.121 euros en 4 actuación, todas elas para o acondicionamento de viñedos.
  • En Ribas de Sil o Goberno da Deputación investiu 21.196 euros en 2 actuacións: 1 para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais, con 12.000 euros; e 1 para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais, con 9.196 euros.
  • No Saviñao o Goberno da Deputación investiu 62.800 euros en 7 actuacións: 4 para a recuperación de terras abandonadas, con 39.000 euros; 2 para o acondicionamento de viñedos, con 11.800 euros; e 1 para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais, con 12.000 euros.
  • En Sober o Goberno da Deputación investiu 35.934 euros en 4 actuacións: 1 para o acondicionamento de viñedos, con 4.958 euros; e 3 para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais, con 30.976 euros.
  • En Taboada o Goberno da Deputación investiu 63.534 euros en 7 actuacións: 2 para a recuperación de terras abandonadas, con 10.610 euros; 1 para o acondicionamento de viñedos, con 5.999 euros; 3 para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais, con 43.950 euros; e 1 para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais, con 2.975 euros.

Outras 500 solicitudes
Os técnicos provinciais están a avaliar preto doutras 500 solicitudes, que remitiron á Deputación outros tantos colectivos veciñais da provincia que concorren ás novas axudas tamén de 2,2 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno Provincial para levar a cabo máis melloras de servizos públicos en pequenas localidades dos 67 Concellos, que favorezan a vida no rural e do rural.