Deputación de Lugo

17 asociacións do Sur participan no Movémonos, o programa deportivo, saudable e social da Deputación

- O Deputado de Deportes presentou este martes o Movémonos na Pobra do Brollón, xunto a representantes dos colectivos do Sur da Provincia que participan no mesmo - As 17 asociacións son dos Concellos de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Taboada, O Incio e Samos - As actividades: multideporte, ximnasia de mantemento, aeróbic, pilates, exercicios para persoas con capacidades diferentes ou ximnasia rítmica

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera, presentou este martes no Sur da Provincia, Movémonos, o programa deportivo, saudable e social que o organismo provincial retoma este mes de outubro no rural lugués. Fíxoo nun acto na biblioteca da Pobra do Brollón, ao que acudiron representantes das 17 asociacións da Comarca que participan nesta programación. Concretamente os colectivos que participan son dos Concellos de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Taboada, O Incio e Samos.

Rivera Capón salientou que este programa deportivo “está encamiñado a vencer os obstáculos que dificultan a práctica deportiva, promovendo a actividade física moderada en colectivos de distinta índole afincados en concellos lucenses, cuxo acceso á práctica deportiva e aos seus beneficios se atopa limitado”.

1.300 lucenses maiores ou con capacidades diferentes
Un total de 82 asociacións, 25 da zona norte, 41 do centro e 17 do sur da provincia participan neste programa, achegando numerosas actividades deportivas a máis de 1.300 lucenses maiores ou con capacidades diferentes. Movémonos comezará o día 13 de outubro e prolongarase ata finais de ano.

Concretamente, no Sur da Provincia participan as seguintes asociacións;

Compalgo - Fundacion O Noso Lar

Actividades
A metodoloxía de traballo basearase no Enfoque educativo do Construtivismo, o cal concibe a aprendizaxe como resultado dun proceso de construción persoal-colectiva dos novos coñecementos, a partir dos xa existentes e en cooperación cos compañeiros/as e os/as facilitadores/as. As actividades que se ofrecerán son as seguintes:

- Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.

- Ximansia de mantemento: Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.

- Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir nonoso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previrenfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.

- Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.

- Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.

- Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.