Deputación de Lugo

A Deputación colabora coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo para a celebración da Feira Mercado Circo da Lúa

- O evento, que terá lugar o sábado e domingo na Praza Anxo Fernández Gómez, albergará 25 expositores relacionados coa artesanía, o comercio ou a alimentación - García Porto subliñou que “apoiamos este tipo de eventos porque se promoven actividades que contribúen a dinamizar a economía da cidade e tamén da provincia” - Minimemory para nenos; Memoria e estimulación cognitiva para maiores de 65 ou manualidades de circo, son só algunha das actividades programadas para a xornada

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto á vicepresidenta de AELU, Juana Eiroa, e ao presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas presentou este venres a Feira Mercado Circo da Lúa, que terá lugar a fin de semana na Praza Anxo Fernández Gómez, concretamente na carpa habilitada detrás do Concello, que a Deputación cede á AELU para a organización deste evento.

García Porto sinalou que “estamos moi satisfeitos de colaborar coa Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, unha asociación que leva preto de trinta anos realizando actividades baixo a premisa de promover e defender os valores humanos, sociais e profesionais da muller na súa condición de empresaria”.

A Deputada de Cultura engadiu que “dende o organismo provincial apoiamos firmemente este tipo de eventos porque,  máis aló de promover actividades concretas, contribúen a dinamizar o conxunto da economía da cidade e tamén da provincia. Cómpre destacar o feito de que se aproveiten datas nas hai un gran número de visitantes na cidade de Lugo para que se acheguen e coñezan os comercios que, neste caso, as mulleres da Provincia exhibirán na carpa que a Deputación de Lugo lles vai a prestar”.

Na Feira Mercado Circo da Lúa haberá un total de 25 expositores entre os que se atopan os seguintes: 5ª Avenida, A Cociña de Pilar, Amalia Rodríguez, Castanae, Cervexa Artesá Aloumiña, Dímelo Con Flores, Ecolavakan, Edades Lugo, El Ojo de Horus, Embutidos Toñita, Gero Sonajero, Kids&Us, La Hierbas A Granel, Meninas – Unodmila, Mi Madre No Me Deja, Miky Moda Infantil, Muradano, Nana de Luna, O Rocho Compra-Venta, Pastelería Maceda, Queixos Pacita, Recados Lugo, The Asgard Custom, Vivienda Comunitaria e Agarimo.

Animación e actividades infantís
Paralelamente á feira realizaranse actividades e haberá animacións para pequenos e maiores, sendo a programación a seguinte:

Sábado 1 de outubro

  • 11:00 horas: Minimemory para nenos de 4 a 8 anos
  • 12:30 horas: Memoria e estimulación cognitiva para maiores de 65 anos
  • 17:00 a 21:00 horas: Karaoke infantil para nenos de 5 a 12 anos (50 prazas)

Domingo 2 de outubro

  • 11:00 horas: Minimemory para nenos de 4 a 8 anos
  • 12:30 horas: Memoria e estimulación cognitiva para maiores de 65 anos
  • 17.00 a 20.00 horas: Taller de manualidades temática circo para nenos de 5 a 12 anos