Deputación de Lugo

O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2016 con 4,8 millóns de euros

- O Pleno aprobou a inclusión do Consorcio na RESGAL, unha rede oficial de comunicación dos traballadores de emerxencias, na que se integran, entre outros, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), Protección Civil ou Brigadistas da Xunta de Galicia, entre outros

O titular provincial,  Darío Campos Conde, presidiu este venres no Pazo de San Marcos o Pleno do Consorcio de Bombeiros, no que se aprobou por unanimidade o orzamento para 2016, dotado con 4.895.051,60. Esta cantidade asúmea nun 50% Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

O orzamento descendeu, con respecto ao ano pasado, nun 7,9 % que corresponden cos 420.000 euros destinados no 2015 á adquisición de diverso material de rescate para os diferentes parques de bombeiros, así como para a compra dunha bomba nodriza para o parque de Monforte de Lemos. Con este investimento levado a cabo no 2015, todos os parques de bombeiros da provincia quedaron en igualdade de condicións.

Como novidade, o Pleno aprobou a inclusión do Consorcio Provincial de Bombeiros na RESGAL, unha rede oficial de comunicación, directa e a tempo real, dos traballadores de emerxencias, na que se integran, entre outros, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), Protección Civil ou Brigadistas da Xunta de Galicia, entre outros.

Na sesión, participaron o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde,
o Deputado da Área de Cultura, Xosé Ferreiro Fernández, o Deputado de Promoción do Territorio e Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, o Director Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Luis Menor Pérez, o Xefe do Servizo de Seguridade da Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación, José González Cores, o Alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, o Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, o Alcalde do Concello de Vilalba, Gerardo Criado Guizán, o Concelleiro da Área de Seguridade de Viveiro, Carlos Alberto Gueimunde Cabaleiro, a Alcaldesa do Concello de Sarria, Pilar López Yáñez e o Secretario-Interventor do Consorcio, Jose Antonio Mourelle Cillero.