Deputación de Lugo

Alumnos da TIC convocan un novo casting o 7 e 8 de febreiro para a rodaxe dun vídeo promocional

Imaxe deputación de lugo
-Estudantes de 2º curso seleccionarán a actores e actrices de todas as idades na sede da Escola de Imaxe e Son en horario de 17:00 a 20:00 horas
-Os interesados poden poñerse en contacto co equipo encargado da selección a través do mail riquinosproducciones@gmail.com ou no teléfono 606286408 
-O spot gravarase o 22 e 23 de febreiro en Castrillón, O Corgo

Alumnos de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, realizarán mañá e pasado, martes 7 de febreiro e mércores día 8, un casting de actores para a gravación dun spot , un dos traballos que realizan os estudantes durante o curso.

Para a gravación do vídeo promocional precísanse actores e actrices de varias idades; nenas de entre 4 e 10 anos, homes e mulleres de entre 40 a 60 anos e tamén mulleres de entre 70 e 80 anos. A selección terá lugar en horario de 17.00 a 20.00 na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José. Os interesados poden poñerse en contacto co equipo que realiza a selección a través da dirección de correo riquinosproducciones@gmail.com  ou chamando ao 606286408.

Gravación do spot
Para a rodaxe do spot  os alumnos e alumnas da EIS contan co apoio do profesorado. O traballo inclúe a elaboración do guión, a produción, a gravación e posterior montaxe. Trátase dunha práctica formativa do Centro educativo para a cal os estudantes disporán de todos os medios técnicos necesarios co obxectivo de desenvolver o seu traballo a nivel profesional, e coa que se busca achegar ós alumnos ó mundo laboral.