Deputación de Lugo

Máis de 200 deportistas déronse cita este domingo no XXVIII Triatlón do Miño-Lugo Patrimonio

- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, asistiu á cita deportiva, unha das máis antigas do calendario triatlético non só de Galicia, senón de todo o estado
- Rivera Capón subliñou que “o Triatlón do Miño é un elemento de promoción dun dos nosos patrimonios da cidade, e da provincia, ademais de ser un exemplo do bo facer”
- A Deputación de Lugo colabora co Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial cunha achega de 15.000€ anuais co obxectivo de impulsar o deporte base lucense e promover a cidade entre os deportistas e os afeccionados asistentes

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acudiu este domingo o XXVIII Triatlón do Miño que organiza o Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial, que conta coa colaboración do organismo provincial e o concello de Lugo. O organismo ten unha estreita colaboración co Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial, de feito, o club conta cunha achega de 15.000€ anuais co obxectivo de impulsar o deporte base lucense e promover a cidade entre os deportistas e os afeccionados asistentes.

Rivera Capón subliñou que “o Triatlón do Miño é un elemento de promoción dun dos nosos patrimonios da cidade, e da provincia, ademais de ser un exemplo do bo facer, xa que esta proba, que se celebra xa por 27ª vez, é un reclamo para deportistas de todos os puntos da xeografía galega”.

O evento transcorre por varios lugares emblemáticos de Lugo como o Río Miño, a Muralla, e o Camiño Primitivo. O acontecemento, afianzado no panorama galego e nacional, congregou nesta edición mais de 200 deportistas contando ca presenza da delegación de deportistas mexicanos. Ao longo de toda a mañá celebrouse un Nada e Corre non competitivo para os máis pequenos, unha proba popular e a proba oficial, clasificatoria para o Campionato Galego. O Tríatlon do Miño disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe), con saída e primeira transición na área creativa de Os Robles, mentres que a segunda transición e a meta tiveron lugar na Praza Maior de Lugo.

Ademais, celebrouse unha popular (distancia sprint) con máis de 40 participantes, así como un Nada e Corre non competitivo para as categorías benxamín, alevín e infantil. As distancias foron 150 metros de natación e 500 metros de carreira a pé.

1.400 euros en premios
O XXVIII Tríatlon do Miño ofreceu 1.400 euros en premios, que entregáronse o largo da xornada. Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría recibiron un trofeo, así como 150 euros ao 1º clasificado masculino e feminino, 100 euros ao 2º clasificado masculino e feminino, e 50 ao 3º clasificado. Para os primeiros clubs, tanto masculinos como femininos, torgáronse premios de 200 euros. O 1º e 1ª deportistas da provincia recibiron 150 euros. Ademais, todos os que remataron a proba recibiron un agasallo conmemorativo. Na proba Nada e Corre os premios consistiron en trofeos para os 3 primeiros de cada categoría e un agasallo conmemorativo para todos os participantes.