Deputación de Lugo

A mostra Je ne baise plus estará exposta ata o 30 de novembro no Museo Provincial de Lugo

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este xoves no Refectorio do Museo Provincial, a mostra Je ne baise plus do artista pontevedrés Iván Melayo que estará exposta ata o 30 de novembro no Museo Provincial de Lugo. As 9 fotografías que conforman esta serie distínguense por non presentar directamente escenas de malos tratos, senón por aludir a este problema social dunha forma simbólica. As fotografías son de siluetas de mulleres vistas a través de teas brancas e preséntanse acompañadas por un texto poético de Eva F. Ferreira.