Deputación de Lugo

30 maiores poderán participar nos obradoiros de pintura e memoria da Rede Museística da Deputación

Imaxe deputación de lugo
- O Goberno da Deputación ofrece dúas actividades, Pintamos e creamos e Memoria dirixidas aos máis maiores da provincia no Museo Provincial de Lugo - Os interesados poden apuntarse ata o 13 de febreiro no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo. Máis información nos 982242300/982242112

O Goberno da Deputación ten aberto ata o vindeiro 13 de febreiro o prazo para participar nos obradoiros de pintura e memoria, con 15 prazas cada un, que organiza a Rede Museísitica Provincial de Lugo, e que están dirixidos ao Club Sénior da Rede, aos máis maiores da Provincia.

Os obradoiros que ofrece a Deputación no Museo Provincial de Lugo son Pintamos e creamos e Memoria. No primeiro os participantes aprenderán como funciona a cor, como se representa a forma, ou que se debe ter en conta á hora de pintar un cadro. No obradoiro de memoria traballarán a memoria visual e auditiva.

Estas dúas actividades terán lugar todos os xoves, dende o 23 de febreiro ata o 27 de abril. O horario é de 17:00 a 18:30 horas. As persoas que queiran participar poden apuntarse no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo. Máis información nos 982242300/982242112.