Deputación de Lugo

A Deputación constitúe a I Mesa Provincial dos Camiños de Santiago facéndoa participativa e multidisciplinar

- O Presidente subliñou que “decidimos abrir este proceso para saber de primeira man as necesidades existentes ao pé dos Camiños e xuntos ofrecer solucións axeitadas” - Participaron os 30 Concellos polos que discorren as rutas de peregrinación, 14 asociacións luguesas e ducias de profesionais e especialistas neste eido - Celebráronse 3 mesas –institucional, asociativa e técnica-  nas que se definiron necesidades de cara a celebración do Xacobeo 2021, que serán remitidas á Xunta - Algunhas conclusións son: melloras e homoxeneización na sinalización oficial dos Camiños; reforzo da seguridade nas rutas; plans integrais de acondicionamento; integración dos Camiños nas areas de Cultura das administracións; impulso da formación dos hostaleiros e profesionais turísticos ou recuperación dos mojóns

O Presidente, Darío Campos Conde, inaugurou este xoves o acto de constitución da I Mesa Provincial do Camiños de Santiago, que o Goberno da Deputación quixo facer participativa e multidisciplinar, sumando aos Alcaldes dos 30 Concellos da provincia polos que discorren rutas de peregrinación, a 14 asociacións luguesas en defensa do pulo do Camiño, así como a ducias de recoñecidos profesionais e especialistas neste eido. Xuntos abordaron as necesidades para a posta en valor do Camiño, celebrando tres mesas de debate, das que resultaron as primeiras conclusións, que serán trasladadas á Xunta de Galicia para a súa aplicación.  

Campos Conde subliñou que “decidimos abrir este proceso porque queremos saber de primeira man cales son as necesidades existentes ao pé dos Camiños para o que cómpre a implicación de todos os axentes. Hai que ter en conta que por Lugo discorren 4 rutas recoñecidas oficialmente -Camiños do Norte, Primitivo, Francés e de Inverno-, ademais da do Mar, investigada e documentada. Isto amosa a importancia do Xacobeo para o impulso económico e cultural da nosa provincia”.

O Presidente apostou por ofrecer “xuntos” solucións axeitadas aos problemas detectados para que as administracións competentes poidan executar as melloras necesarias. “Aproveitemos as oportunidades que nos ofrecen os Camiños”, apuntou.

Conclusións
As conclusións conxuntas que definiron representantes institucionais, asociacións e técnicos son as seguintes:   

  • Melloras e homoxeneización na sinalización oficial dos Camiños.
  • Reforzo da seguridade nas rutas para protexer aos peregrinos.
  • Plans integrais de acondicionamento das Rutas.
  • Integración dos Camiños nas Áreas de Cultura das diferentes administracións implicadas.
  • Impulso da formación dos hostaleiros e profesionais turísticos do Camiño.
  • Posta en valor da figura de Elías Valiño.
  • Creación dun marco regulador para a realización das Mesas Provinciais dos Camiños.
  • Creación dun ente para a supervisión directa das modificacións nos Camiños.
  • Recuperación dos mojóns antigos, co fin de polos en valor como pezas artísticas.
  • Cambio na concepción do camiño de económico-turístico a cultural.
  • Posta en marcha dunha Rede Museística na que se inclúan todos os pequenos museos e centros de interpretación que se atopan ao pé dos Camiños.
  • Impulso da investigación histórica, cultural e/ou patrimonial
  • Fomento da intermunicipalismo para ofrecer unha atención ao peregrino estándar.

Mesas participativas e multidisciplinares
O Goberno da Deputación decidiu elaborar unha mesa provincial participativa e multidisciplinar, na que poder dar voz a todos os axentes implicados nos Camiños na elaboración da estratexia provincial de cara ao Ano Xacobeo 2021. Deste xeito, constituíronse 3 mesas:

Mesa institucional: nesta reunión, invitouse a participar a Alcaldes e representantes dos Concellos que se atopan ao pé das rutas xacobeas na provincia. Para elo, dividiuse a participación deles en 4 grupos, correspondentes aos 4 camiños da provincia.

  • Camiño Francés

Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo Magdalena
Alcaldesa de Triacastela, María Olga Iglesias Fontal
Alcalde de Samos, Xulio Gallego Moure
Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez
Alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz
Alcalde de Portomarín, Juan Carlos Serrano López
Alcalde de Monterroso, Jesús Otero Calvo
Alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Camoira

  • Camiño Primitivo

Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo
Alcalde de Baleira, Ángel Enrique Martínez- Puga López
Alcalde de Castroverde, José María Arias Fernández
Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López
Alcalde de Guntín, Jesús Carreira Ferreiro

  • Camiño Norte

Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia
Alcaldesa de Trabada,  Mayra García Bermúdez.
Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García
Alcaldesa de Mondoñedo, Mª Elena Candia López
Alcalde de Abadín, José Mª López Rancaño
Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado Guizán
Alcaldesa de Guitiriz: Dona Regina Polín Rodríguez
Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha
 Alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez

  • Camiño de Inverno

Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez
Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega
Alcalde da Pobra de Brollón, José Luís Maceda Vilariño
Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián
Alcalde de Monforte, José Tomé Roca
Alcalde de Pantón, José Luís Álvarez Blanco
Alcalde do Saviñao, Joaquín González González
Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

Mesa de asociacións: na que se convidou a representantes das seguintes asociacións:

Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago.
Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo
Amigos do Camiño na Comarca de Sarria
Abrindo Camiño- Camiño Norte
Asociación de Amigos do Camiño Primitivo
Asociación Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra
Asociación Lugo Patrimonio.
Asociación Ancares Patrimonio.
Asociación Mariña Patrimonio.
Asociación Lugo Monumental.
Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Asociación Galega de Albergues.
Asociación Provincial de Hostalería.
Cluster de Turismo de Galicia.

Mesa de técnicos: para a que se convocou a técnicos de diferentes especialidades (historia, xeografía, patrimonio histórico, investigadores, docentes...) co fin de obter un informe detallando as necesidades que existen nos Camiños de Santiago. A través dos técnicos, poderase obter unha radiografía real dos problemas existentes para buscar as solucións máis axeitadas.

A Deputación cos Camiños
Campos Conde lembrou o traballo feito dende a Deputación para impulsar as Rutas Xacobeas na provincia. Entre elas subliñou a creación, en 1983, do Consello de Cultura da Deputación de Lugo, no que se atopa a orixe do redescubrimento do Camiños históricos; a posta en marcha no 86 da I Semana de Estudos Históricos, baseada no “Camiño Francés” redescuberto por dito grupo de traballo; a constante colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo, xa dende a súa creación en 1987, a través da organización de ducias de actividades co fin de polas en valor; ou a delimitación das rutas Norte, Primitiva e Sur, feita grazas a un grupo de investigación en 1991 e creado no seo do Consello de Cultura.

Xa no ano 2014, no marco da redacción do Plan Director do Camiño de Santiago por parte da Xunta de Galicia, convocouse unha reunión no Pazo de San Marcos. Nela a agora Alcaldesa de Lugo, pero antes Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, xunto con representantes técnicos, elaboraron un informe cos principais retos e necesidades da Provincia de Lugo en relación ao Camiño de Santiago, reivindicando aspectos como: o cambio no Plan Director cara a figura do peregrino, mellores dotacións públicas nos sendeiros,  ou a creación de protocolos de actuación sobre cobro das credenciais, seguridade, fomento da investigación do Camiño, ou a necesaria mellora nas estradas con enlaces ao Camiño, entre moitas outros.