Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación inclúe baremos sociais nas axudas de 400.000 euros para asociacións culturais lucenses

- O Presidente, xunto á Deputada de Cultura, presentou as subvencións de
concorrencia competitiva destinadas ao financiamento de actividades culturais que
se desenvolvan na provincia, que o Executivo aprobará o venres na Xunta de
Goberno- Por 1ª vez, puntuaranse favorablemente as programacións para
maiores, persoas con capacidades diferentes, mulleres, cativos e mocidade.
Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar as
que se leven a cabo no rural - Outra
das novidades é que o Goberno da Deputación decidiu ofrecer aos colectivos que
finalmente resulten beneficiados destas axudas un anticipo das mesmas do 80%

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde, presentou hoxe as subvencións de concorrencia competitivada área de Cultura que o Executivo Provincial aprobará o venres na Xunta deGoberno. Fíxoo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, xunto á responsable destedepartamento provincial, Pilar García Porto.

Campos Conde explicou que “estaprogramación está dirixida a entidades asociativasculturais lucenses. É dicir, son axudas para colectivos legalmente constituídosna nosa provincia; con sede ou delegación social en Lugo. Están dotadas duntotal de 400.0000 euros para actividades en impulso da nosa cultura etradición, que se celebren no conxunto da provincia. Por exemplo, programaciónsde música, baile, teatro, historia, fomento do galego ou promoción dopatrimonio”.

Esta programación contempla 2 liñas de actuación: axudasde entre 300 e 8.000 euros para programacións de carácter anual, que supoñen aprincipal actividade, ou conxunto de actividades, da entidade asociativa; eaxudas de entre 300 e 6.000 euros para actividades con carácter puntual, entendendocomo tal, aqueles eventos importantes, programados con antelación, para undeterminado momento no tempo. 

Baremos sociais

Como novidade, o Goberno da Deputación elaborou unhasnovas bases con criterios obxectivos, nas que se inclúen baremos sociais “coobxectivo dunha concesión destas axudas máis xusta”, apuntou o Presidente.Deste xeito, por primeira vez puntuarase favorablemente os proxectos paraactividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, ámulleres, cativos e á mocidade. Ademais, terase en conta a dispersiónterritorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a caboen pequenas localidades, “especialmente no rural”, indicou. Tamén se valorará oimpacto e repercusión da actividade cultural entre a sociedade ou o fomento dacooperación e traballo entre as distintas asociación culturais.

Anticipo do 80%

Outra das novidades é que o Goberno da Deputacióndecidiu ofrecer aos colectivos que finalmente resulten beneficiados destasaxudas un anticipo das mesmas do 80%. García Porto destacou que a previsión éabrir o prazo de solicitude en setembro, pois, unha vez aprobadas este venres,como requisito do Goberno Central, estas agora tamén teñen que ser publicadasno Boletín Oficial do Estado e logo, coma sempre, no Boletín Oficial daProvincia. Posteriormente, abrirase un prazo de 10 días naturais para apresentación de solicitudes.

Obrigas e requisitos

Os beneficiarios tamén terán obrigas, como por exemplo: achegaro 5% do custo total da actividade subvencionada; acreditar, con toda adocumentación oficial e regulada, a realización da actividade subvencionada; ousometerse ás actuacións de comprobación e control financiero que poidansolicitar en calquera caso os técnicos provinciais.

As axudas son, exclusivamente, para entidadesasociativas lucenses que desempeñen a súa actividade na provincia. Quedanexcluídas das mesmas as que fosen condenadas, mediante sentenza firme, á perdade axudas públicas; as que solicitasen a declaración de concurso voluntario; asque non estean ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte áSeguridade Social; ou as que teñan residencia fiscal nun país ou territoriocualificado como paraíso fiscal.