Deputación de Lugo

A Deputación garante ao Breogán competir na Liga LEB Ouro

Imaxe deputación de lugo

A Deputación garante ao C.B. Breogán competir na Liga LEB Ouro. A Xunta de Goberno deste venres acordou que o organismo provincial sexa o contra avalista do equipo celeste para que ABANCA lle facilite os 180.000 euros necesarios para participar nesta competición.

Hai que ter en conta que o vindeiro martes, 12 de xullo, rematará o prazo para inscribirse na Liga Española de Baloncesto Ouro e que o C.B. Breogán non dispón da cantidade requirida pola FEB.

No caso de que o Club non poida responder ás súas obrigas con dita entidade bancaria e esta á súa vez teña que recorrer ao contra aval da Deputación, o organismo provincial restaría esta cantidade da subvención ordinaria e anual que recibe o Breogán ou ben acordaríanse actividades de patrocinio.