Deputación de Lugo

Inauguración VII Feira Outlet de lugo

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ​inauguraron a VII Feira Outlet de Lugo coa que colabora o organismo provincial. A feira estará aberta dende hoxe ata o domingo 16 de outubro na praza Anxo Fernández Gómez, na carpa que a Deputación cede a Asociación de Autónomas. Durante estes 3 días, 26 negocios lucenses porán á venda stocks de zapatería, téxtil, xoiería, fogar, pel, agasallos, beleza, deporte ou accesorios de mascotas, con descontos de ata o 80%.