Deputación de Lugo

Alumnos da TIC convocan un casting o 1 de febreiro para a rodaxe da curtametraxe Hermetismos

Imaxe deputación de lugo
-Estudantes de 2º curso seleccionarán a actores e actrices de entre 15 e 30 anosna sede da Escola de Imaxe e Son en horario de 17.00 a 20.00 -Os interesados poden poñerse en contacto co equipo encargado do casting a través do correo hermetismos.corto@gmail.com  ou chamando ao 648623945 -A curtametraxe gravarase a finais de febreiro en distintas localizacións da cidade de Lugo

Alumnos de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, realizarán mañá, mércores 1 de febreiro, un casting de actores para Hermetismos, unha das curtametraxes que realizan os estudantes como traballo fin de curso.
Para a gravación da curta Hermetismos precísanse actores e actrices de entre 15 a 30 anos. O casting terá lugar o mércores en horario de 17.00 a 20.00 na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José. Os interesados poden poñerse en contacto co equipo que realiza a selección a través da dirección de correo hermetismos.corto@gmail.com  ou chamando ao 648623945

Gravación de Hermetismos

Para a rodaxe de Hermetismos, que terá lugar a finais de febreiro, os alumnos da Escola de Imaxe e Son contan co apoio do profesorado. O traballo inclúe a elaboración do guión, a produción, a gravación e posterior montaxe. Trátase dunha práctica formativa do Centro educativo para a cal os estudantes disporán de todos os medios técnicos necesarios co obxectivo de desenvolver o seu traballo a nivel profesional, e coa que se busca achegar ós alumnos ó mundo laboral.