Deputación de Lugo

A Deputación aproba unha declaración institucional en condena ao atentando de Niza

Imaxe deputación de lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre a aprobación dunha declaración institución por parte da Corporación Provincial en condena ao brutal atentado perpetrado na noite de onte na cidade francesa de Niza. O texto apunta:

A Deputación de Lugo quere expresar o seu máis firme rexeitamento e condena a este novo acto terrorista, que ocasionou tanto dor e sufrimento a centenares de familias inocentes, que pacíficamente gozaban da festa nacional na fermosa cidade de Niza.

Hoxe todos somos “Niza”. E dende esta institución queremos testemuñar o noso máis profundo pesar e condolencias a familiares e amigos das vítimas, pero tamén, a nosa solidariedade e apoio coa cidade de Niza, e, en xeral, con todos os franceses; pobo veciño e amigo que, unha vez máis, foi vítima do terror e a barbarie de mentes exasperadas, que é preciso erradicar da nosa sociedade.

Por máis que o tenten, nunca conseguirán dobregar os principios nos que se asenta a nosa historia, baseada na liberdade, a tolerancia e os máis firmes valores democráticos.