Deputación de Lugo

A mostra Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo se poderá visitar ata o 5 de marzo no Museo Arqueolóxico de Cacabelos

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Alcalde de Cacabelos, Sergio Álvarez de Arriba, inauguraron este martes a exposición Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo que tivo lugar no Museo Arqueolóxico de Cacabelos, en León, e que se poderá visitar ata o 5 de marzo. A mostra forma parte do proxecto de investigación desenvolto polo persoal técnico do Museo Provincial de Lugo, destinado a por en valor os fondos cos que conta a devandita institución museística. Mediante este proxecto preténdese facer un percorrido pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo dividíndoa en dous grandes bloques: dunha banda, a moeda hispánica (dende o século I a.C. ata o s. XV e logo as moedas das Idades Moderna e Contemporánea) e, doutra, a moeda estranxeira. O monetario do Museo de Lugo supera as 8.000 pezas, sen contar as 459 medallas. E dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, con estas exposicións temporais a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento xeral da ciencia numismática.