Deputación de Lugo

Arte, poesía e música mestúranse no Recital Poético do Museo Provincial de Lugo

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou este Xoves no Recital Poético en torno á obra do lucense Christian Villamide que tivo lugar no Museo Provincial de Lugo.   

García Porto, subliñou que “dende a Deputación, estamos convencidos de que a Cultura pode ser unha fonte de creación de emprego e riqueza, e é por iso que continuaremos traballando da man dos artistas lucenses, porque o Museo Provincial estará sempre á vosa disposición”.  

No acto, tamén colaboraron destacados escritores, poetas e músicos das comarcas de toda a Provincia inspirándose nunha ou varias das obras que se amosan nesta exposición, creando  un poema ou tema que representaron na  sala.

“A paisaxe contra a parede” é a obra de Villamide que está exposta na Sala de Exhibicións do Museo Provincial de Lugo ata  o 31 deste mes.  A mostra é totalmente gratuíta para o público, e nela obsérvase unha crítica ao problema do impacto do home na natureza.

A exposición poderase desfrutar de Luns a venres, de 9:00 a 21:00 horas; os sábados de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas; e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.