Deputación de Lugo

Lugo participa na marcha ciclista unificada de Special Olympics, que reunirá na cidade a máis de 100 deportistas

Imaxe deputación de lugo
- A Alcaldesa, o Vicepresidente da Deputación, e os
presidentes de Special Olympics e ASPNAIS presentaron esta proba, que chegará á
Praza de San Marcos ás 14:00 horas do vindeiro sábado, tras un recorrido de 15
quilómetros- Lara Méndez puxo en valor a riqueza
asociativa de Lugo, que destaca en iniciativas conxuntas que axudan ás
administracións para favorecer a total integración

AAlcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e ospresidentes de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e o de ASPNAIS, JoséReigosa, respectivamente, presentaron este xoves no Salón de Plenos a MarchaCiclista Unificada Special Olympics para persoas con e sen discapacidade, quechegará á cidade, o vindeiro sábado, 20 de agosto, ás 14:00 horas.

Trátasedunha competición organizada por Special Olympics Galicia, que recorrerá asprovincias de Ourense, Lugo e Santiago, entre os días 19 e 21 de agosto, que conta coacolaboración da Federación FADEMGA Plena Inclusión Galicia, e coas que colaboratanto a entidade local como provincial, cuxo obxectivo é promover a práctica dociclismo nas persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ao mesmo tempoque se fan visibles as súas capacidades. Ademais, preténdese concienciar edifundir a imaxe positiva e respectuosa das persoas con discapacidadeintelectual e eliminar barreiras e estereotipos que dificultan a súanormalización.

Noacto, no que tamén estivo presente o Concelleiro de Deportese Medio Rural, Miguel Fernández, a rexedora quixodeixar claro tanto a aposta do Concello polo deporte, principalmente o de base,como pola promoción da cidade e a integración, e neste caso van os trescompromisos do Goberno da man. Neste senso, Lara Méndez puxo en valor a riqueza asociativa de Lugo, que destacapor enriba das demais cidades en iniciativas conxuntas que axudan ásadministracións para favorecer a total integración, a defensa de intereses deminorías ou a promoción social dun gran número de persoas individualizadas. “Parao Concello de Lugo é un privilexio ser meta novamente dunha etapa ciclista”,subliñou a Alcaldesa, ao tempo que lembraba que sábado Lugo acollerá estamarcha e o mércores a Volta Ciclista.

 “Respaldar as iniciativas sociais é traballarpor botar abaixo barreiras e obstáculos non só físicos, senón taménpsicolóxicos, que son os que realmente entorpecen a total integración”,subliñou a Alcaldesa, quen aproveitou a ocasión para agradecerlle tanto aASPNAIS como Special Olympics por acordarse de Lugo unhavez máis e traer á cidade unha competición destas características, que reúne adeportistas cunha gran capacidade de transmitir os verdadeiros valores dedeportividade e cun gran afán de superación. Nestes senso, a Alcaldesapuxo en valor o impagable labor tanto das moitas asociacións e federacións quecolaboran con este evento, “que unirá a toda a sociedade”, como do silenciosopero continuo labor voluntarios.

O Vicepresidente daDeputación, Álvaro Santos Ramos, destacou “o aspecto inclusivo einnovador desta marcha na que poden participar outras persoas que non teñendiscapacidade. Dende a Deputación de Lugo colaboramos cunha axuda económica de8.000 euros para achegar esta actividade á maioría dos concellos da provincia.Tamén gustaríame felicitar a organización por estas rutas e dende logo,convidar a toda a xente a participar o 20 de agosto na marcha ciclista de SpecialOlympics

Reigosaquixo agradecer a colaboración do Concello e da Deputación en todos os eventosque buscan a igualdade real e efectiva. Neste senso incidiu Fernández, quenquixo poñer en valor o compromiso tanto de ambas as dúas entidades parapromover as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.

15 quilómetros para eliminar barreiras e estereotipos

Nestaactividade, pioneira en España, tomarán parte un total de 56 deportistas condiscapacidade intelectual e adestradores, así como 50 deportistas de clubsciclistas de toda Galicia e máis de 20 voluntarios, que colaborarán notranscurso das Marchas para garantir o seu correcto funcionamento. Cada etapaserá de 15 quilómetros aproximadamente, cunha proba adaptada de 1 quilómetrofinal. No caso de Lugo, partirán ás 12:00 horas da Pobra de San Xiao (Láncara)e chegarán á cidade sobre as 14:00 horas. Entrarán pola Avenida de Madrid paracontinuar pola Praza do Rei. A continuación, Avenida de Ramón Ferreiro, AlcaldeAnxo López Pérez, Ronda da Muralla, rúa San Fernando e Praza de San Marcos,onde estará situada a meta.

Os deportistas con discapacidade intelectual queparticiparán nestas marchas, pertencen a 6 entidades galegas, ASPAS (Santiagode Compostela), ASPRONAGA (A Coruña), ASPADEX (Cee), ADCOR (Coruña) AS BURGAS(Ourense) e CHAMORRO (Narón). Os deportistas estarán acompañados por unha delegación de atletas deSpecial Olympics Cataluña, chegados de Lleida, e que participarán nas 3 rutas.