Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación aproba un investimento de 3 millóns de euros para toda a provincia

- O Presidente indicou que 1,4 millóns de euros son dasaxudas para a todas as asociacións culturais, entidades e clubs deportivoslugueses. En vindeiras sesións, concederanse as ordinarias subvencións para oCD Lugo e Breogán, que están garantidas- Campos Conde apuntou que 1,6 millóns de euros son paramelloras en infraestruturas e dotacións públicas, así como para actividades enimpulso da economía de 10 Concellos- OExecutivo Provincial levará melloras a todos os Concellos con máis de 9 millónsdo Orzamento de 2016, que se suman a outras programacións para todos como oDEPUEMPREGO, Plansde Aforro Enerxético e de Mellora de Tics, SAF, Teleasistencia, POS...

O Presidente, Darío Campos Conde, informou este venresda aprobación en Xunta de Goberno dun investimento de 3 millóns de euros paratoda a provincia, que busca impulsar a economía e o emprego, e mellorar asprestacións públicas aos veciños.

Campos Conde explicou que 1,4 millóns son para as axudasdirixidas a todas as asociacións culturais, entidades e clubs deportivoslugueses. Son as subvencións de concorrencia competitiva e non competitivapresentadas nos pasados días. Neste senso, o Presidente reiterou que asordinarias axudas para o CD Lugo e Breogán, que non se contemplan nestas dúasprogramacións ao seren sociedades anónimas, están garantidas e comprometidas noOrzamento de 2016, polo que se acordarán en vindeiras sesións.

O titular provincial apuntou que outros 1,6 millóns deeuros, tamén aprobados na Xunta de Goberno de hoxe, son para melloras eninfraestruturas e dotacións públicas, así como para actividades en impulso daeconomía local de 10 Concellos da provincia:

- O Páramo:acondicionamento de accesos aos núcleos de San Vicente, Quintela e Pinte. Estestraballos contan con 65.000 euros.

- Abadín: arranxoda estrada de Fontevella a Carrizal con 372.000 euros.

- Friol:mellora da vía que une deste Concello coa localidade de Parga. 300.000 euros.

- Pantón:acondicionamento da vía de Ferreira a Goián. 127.900 euros.

- Viveiro: mellorados accesos á praia de Area e á igrexa de Covas; acondicionamento do CamiñoReal e da ruta de sendeirismo dende o Monte de San Roque ao do Penedo do Galo; erealización de actividades lúdico-culturais. 200.000 euros.

- Samos: melloradas vías de Portela, Nande, Carqueixada, Lamas, Santa María, Teiville e Santanade Abaixo; reparación da traída de auga en Zoo; mantemento das vivendascomunitarias e pisos tutelados; e colaboración coa Feira de Gandería. 173.000 euros.

- Pastoriza:mellora dos centros socioculturais e sociais de Loboso,  Rigueira e Pousada; reconstrución do palco demúsica de Lagoa; ampliación da rede de abastecementos de Bretoña;acondicionamento da estrada ao centro de saúde do Concello; e adquisición demaquinaria para a conservación de vías municipais. 160.302 euros.

- Mondoñedo: colaboraciónco Mercado Medieval desta fin de semana. 32.000 euros.

- Pol:melloras nos abastecementos de auga en Caraño, Chaín, Gomesende e Baílle; ecompra de maquinaria para a conservación de vías municipais. 215.000 euros.

- Rábade: colaboraciónco festival de música Rabafolc que comeza hoxe. 8.000 euros.

Máis de 9 millóns para melloras nos Concellos

En vindeiras Xuntas de Goberno aprobaranse novasactuacións nos Concellos, pois o Goberno da Deputación levará melloras a todosos municipios con máis de 9 millóns do Orzamento de 2016, que se suman aoinvestimento doutras programacións tamén para todos como, por exemplo, o DEPUEMPREGO,o Plan de Aforro Enerxético, o Plan de Mellora de Tics, SAF, Teleasistencia,POS... De feito, o Presidente destacou que xa se consensuaron cos Alcaldesactuacións de 3,6 millóns de euros en 26 municipios.

Outros acordos

O Executivo Provincial tamén aprobou na Xunta deGoberno de hoxe iniciar o proceso de contratación de dúas cisternas que seincorporarán aos equipos de rego que melloran estradas provinciais e municipaisde toda a provincia. O prezo de licitación é de 171.800 euros. Ademais,acordouse a contratación de dous desempregados lucenses, que comezarán atraballar noutras tantas empresas a través do Ben Empregado. Trátanse dun peón gandeiro para O Páramo e dunmotoserrista para O Saviñao. O luns, publicarase na Bolsa de Emprego daDeputación un novo posto como aparellador, abrindo o prazo de solicitude, que éde 10 días.