Deputación de Lugo

600 mozos participan no I Torneo Infantil de Fútbol de Lugo, co apoio do Goberno da Deputación

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, participou este sábado na entrega de trofeos do I Torneo Infantil de Fútbol, que tivo lugar no campo municipal de As Gándaras e que reuniu a 600 promesas do fútbol provincial e autonómico. Esta iniciativa enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o organismo provincial asinou co Club Deportivo Lugo para a promoción do fútbol base lucense. Nesta primeira edición, para xogadores infantís de primeiro ano, participaron os principais equipos de fútbol base da provincia de Lugo, así como outros de toda Galicia e Ponferrada.