Deputación de Lugo

O Corgo acolleu este sábado o XXX Concurso Nacional e a LXXXVIII Poxa de gando de raza rubia galega que organiza ACRUGA

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este sábado no XXX Concurso Nacional e na LXXXVIII Poxa de gando de raza rubia galega que organiza ACRUGA e que tivo lugar na feira de gando de Adai, no Concello do Corgo. Fíxoo xunto ao Alcalde do Corgo, José Antonio Ferreiro González; ao Presidente de ACRUGA, César Dorado Pin; e ao Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega. Durante a xornada houbo en exposición 150 animais e poxáronse 27 exemplares, dos cales 8 procederon da Granxa Gayoso Castro, cun prezo de saída de 1.800 euros cada un. As ganderías que participaron son de Lugo, Castroverde, Samos e O Corgo.

A Deputación ten asinado un convenio de colaboración con ACRUGA dende o ano 2007 para expandir a raza rubia galega. Este acordo permite o coidado a manutención e a exposición nas feiras dos rebaños; selección dos mellores exemplares nas explotacións da raza rubia galega; recría de femias, venta, distribución, promoción e difusión da raza.