Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle un conxunto de conferencias sobre cooperación e voluntariado

- Trátase da iniciativa que organiza a Escola Shantidi en Lugo e coa que colabora o Goberno da Deputación para difundir e promover o voluntariado na provincia
- Santos Ramos destacou “a importancia de que a cidadanía colabore e se involucre con este tipo de iniciativas que teñen como obxectivo principal intentar eliminar as desigualdades que existen na actualidade”
- Voluntariado internacional, programación de actividades, experiencias sanitarias, ou como constituírse en ONG, foron algúns dos temas tratados durante a xornada

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, inaugurou este venres a conferencia Cooperación e Voluntariado Local e Internacional. Claves para dar o paso que organiza a Escola Shantidi e que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Fíxoo xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, á Vicerreitora de Servizos Universitarios, María do Carme Silva Domínguez, e á Confundadora da Escola Shantidi, Teresa Vila paz. O organismo provincial colabora coa difusión da conferencia gravando toda a programación a través da TIC  da Deputación.

Santos Ramos destacou “a importancia de que a cidadanía colabore e se involucre con este tipo de iniciativas que teñen como obxectivo principal intentar eliminar as desigualdades que existen na actualidade. Quero agradecer o esforzo e o traballo da Escola Shantidi por organizar esta conferencia e mostrar as experiencias e vivencias do voluntariado a todos os lucenses.”

Trátase dunhas conferencias que dan a coñecer as posibilidades que existen para canalizar a vontade de realizar labores de cooperación e voluntariado no entorno local e internacional. Así mesmo, preténdese orientar a aquelas persoas que, xa contando con experiencia nestas actividades, pretenden crear e impulsar novas organizacións e iniciativas. Ademais, queren amosar que o voluntariado e a cooperación non soamente é unha actividade de axuda a persoas desfavorecidas senón que é unha experiencia enriquecedora profesional e persoal para quen a practica.

Poñentes
Este ciclo de conferencias contou coas intervencións de Fátima Teixeiro, do servizo de participación e integración universitaria da USC, Jordi Gilalbert, biólogo e licenciado en filoloxía inglesa e voluntario internacional; Pedro Juiz, médico otorrino e membro da ONG Cirujanos del Mundo, Ramón Molinero, licenciado en ciencias económicas empresariais, Lancy Dodem, primeiro apadriñado e voceiro da Fundación Vicente Ferrer en España, Rubén Fernández Prado, fundadora da ONG, María Teresa Vila Paz