A única puñalada é a que dá o PP a todos os lucenses co escandaloso gasto de 100.000 euros para soldos de SUPLUSA
A Deputada de Promoción Económica e Benestar Social, Sonsoles López Izquierdo, denunciou hoxe a puñalada que dá o PP a todos os lucenses co gasto de máis de 100.000 euros en soldos en SUPLUSA e doutros 1.300 euros por cada día de reunión.
É un escándalo, o partido das puñaladas, condenado por corrupción, aproveita fondos públicos para pagar non se sabe que favores, logo de quedar demostrado que utilizou cartos en B para facer pagos agora o PP cambia os Estatutos de SUPLUSA, non quere falar desto no Pleno, con luz e taquígragos, e malgasta fondos públicos para pagar eles saberán o qué, subliñou López Izquierdo e remarcou que esa e a única puñalada que existe, a que lle dá o PP a todos os lucenses ao malgastar fondos públicos nun organismo no que só está o Partido Popular, está a seu servizo non ao dos veciños da provincia e que incumpre as súas obrigas legais.