Deputación de Lugo

Expertos en medioambiente debatirán o futuro das enerxías renovables na Deputación

Lara Méndez presentou o cliclo de conferencias Impactos ambientais: Enerxías Renovables en Galicia que se celebrará a vindeira semana

A Vicepresidenta Segunda destacou que a iniciativa forma parte da aposta da Deputación polo medioambiente e complementa outros proxectos como a Axencia Provincial da Enerxía, Lugo02 ou Kmo A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, xunto co Presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto Viéitez, presentou este mércores o ciclo de conferencias Impactos Ambientais: Enerxías Renovables en Galicia que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación desde o 3 ó 5 e do 10 ó 13 de novembro. Lara Méndez explicou que “esta é a décimo novena edición. Por tanto, son unhas xornadas que xa están totalmente implantadas, e que se enmarcan dentro da colaboración que a Deputación mantén coa Real Academia Galega de Ciencias”. As conferencias serán impartidas por destacados especialistas na materia nas que abordarán temas de grande actualidade como o aproveitamento da enerxía solar e maremotriz en Galicia ou as experiencias realizadas na nosa Comunidadade relativas á transformación da biomasa en enerxía térmica e eléctrica, tal e como explicou o Presidente da Real Academia Galega de Ciencias. As persoas que se inscriban recibirán un diploma acreditativo e os estudantes da Universidade de Santiago un crédico de libre configuración. O periodo de matrícula estará aberto ata completar aforo e a incripción é gratuíta. Aposta decidida polo mediambiente A Vicepresidenta Segunda subraiou que esta actividade se inclúe dentro da aposta que fai a Deputación polo mediambiente e complementa outras actuacións postas en marcha pola institución provincial neste eido como a creación dunha Axencia Provincial da Enerxía. Lara Méndez lembrou que, con este proxecto presentado no mes de xuño, “imos mellorar o aproveitamento dos recursos enerxéticos provinciais e favoreceremos a sensibilización das autoridades locais, das empresas e da cidadanía sobre a escaseza dos recursos enerxéticos, así como da necesidade dun uso racional e compatible coa economía e o medio ambiente”. Esta é a terceira Axencia destas características de Galica, xa que só existe unha na Deputación da Coruña e outra en Vigo. “Coa iniciativa estamos dando un paso máis na aposta polas enerxías renovables e polo medio ambiente, converténdonos case en pioneiros coa súa solicitude. Esta sería a terceira, e será levada a cabo pola Deputación independentemente de se a conceden ou non”. O orzamento total ascende a 410.900 euros, dos que o 60% serán financiados pola UE e o 40% restante pola institución provincial. “Hai de prazo ata finais de ano para que se resolva o proxecto. Xa anunciaramos que era complexo acadar esta subvención porque só se van conceder 9 en toda Europa, pero é un tema que se vai levar a cabo porque así o cremos necesario. A Deputación de Lugo ten que estar orientada ás enerxías renovables, sobre todo porque Lugo é unha provincia donde temos un patrimonio amplísimo e o 55% do territorio é Reserva da Biosfera”. Lara Méndez sinalou que nos Orzamentos de 2008 xa está contemplada unha partida presupostaria para a súa creación. Deste xeito, xa se mantiveron contactos con empresas como Gas Natural e Begasa que xa amosaron o seu interés polo proxecto. “Queremos que sexa un proxecto amplo e ambicioso para o que implicaremos a entidades privadas e financieiras. O ano que vén estará constituída, e nos Presupostos do ano que vén contemplaremos maior ou menos cuantía”. A responsable do INLUDES destacou tamén as outras dúas iniciativas postas en marcha pola Deputación en materia de medioambiente como Lug02 e Km0. Neste último caso, lembrou que hoxe mesmo un grupo da terceira idade foi recibido na Deputación e visitaron os Canóns do Sil. Reunión de Afigal Coincidindo coa data do inicio do ciclo de conferencias, Lara Méndez lembrou que o día 3 de novembro se celebrará na Deputación a Comisión Permanente de Afigal e o Consello de Administración conmemorando o 25 aniversario da Sociedade de Garantías Recíprocas. A este respecto, a Vicepresidenta Segunda dixo que “a Deputación volve respaldar ós empresarios da provincia logo que este novo equipo de goberno saldase a débeda histórica que tiña pendente con esta entidade”. A cantidade que adebedaba a institución provincial ascendía a 153.000 euros correspondentes ó periodo 2004-2007.