Deputación de Lugo

O CENTRAD imparte por primeira vez unha técnica da cestería de Tarragona

Imaxe deputación de lugo
Unhas 100 persoas participarán no 10 cursos da programación de verán do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación que se desenvolverá desde xullo ata setembro

A cestería de médula de roten e vimbio e a de varas e láminas de madeira, así coma a de palla cosida sobre cartón, outras modaliades que ofrece o CENTRAD nestes obradoiros O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación xa iniciou os cursos da programación de verán, entre os que predomina a cestería e o téxtil. En total, son 10 obradoiros que se desenvolverán desde xullo a setembro, e nos que poderán participar unhas 100 persoas. A cestería de médula de roten e vimbio centra boa parte da programación. En total, dos 10 cursos, 4 abordan esta modalidade que será impartida polas artesás Idoia Cuesta e Carmen Fieiras. Os asistentes aprenderán a construír cestos nos que empregarán a médula de roten, pranta de orixe asiática que, debido á súa versatilidade, facilita o seu manexo para a elaboración deste tipo de cestos. A médula de roten é unha palmeira trepadora. Caracterízase polas súa ramas de grande lonxitude e de distinto calibre. O seu grosor vai desde o un ós seis milímetros. Neste caso, os participantes do curso manexan médulas cunha estrutura aproximada de tres milímetros. Entre as principais novidades da programación destaca que por primeira vez que o Centro de Artesanía e Deseño ofrece un curso nos que se ensinará a facer gorras de “Cop” segundo a técnica tradicional de Bellvei (Tarragona). Deste xeito, da man de Anna Sánchez recupérase unha modalidade de cestería que data do século XIX e que se empregaba na provincia de Cataluña para preservar a cabeza dos raios do sol. Xuncos de lagoa e feltro Este luns deron comezo os de xuncos de lagoa e o de feltro, indumentaria, complementos de moda e xoiería. O primeiro desenvolverase ata o 3 xullo, en horario de 16:30 a 20:30 horas. Os asistentes elaborarán diferentes pezas con xuncos de lagoa. Pola súa banda, no caso do de téxtil, os participantes comezarán por identificar a fibra de lá para logo realizar feltros desenvolvendo diferentes formas e obxectos que se aplicarán á ornamentación de interiores e obxectos para o fogar. O obradoiro prolongarase tamén ata o día 3 e impartirase desde as 10:00 a 14:00 horas pola mañá e, pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas. A programación inclúe, ademais, outras técnicas coas que os artesáns realizarán carabelos elaborados con varas e láminas de madeira, así coma a de cesto de palla cosida sobre cartón. Ese último será impartido unha vez máis pola artesá de Castro de Rei Dolores González. Agás o de téxtil que se celebra nos pavillóns do CENTRAD, o resto impartiranse no Centro de Cestería do río Rato. Desde o 22 ó 26 de xuño o artesán, Jesús Quintero, amosou ó artesáns o de cestería de esparto que se dividiu en dúas partes: fabricación dun “cachuleiro”, caracoleira tradicional de Murcia, e revestimento de botellas segundo a técnica de “punto de garbanzo”.