Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación abre mercados económicos co novo Ministro de Agricultura, Gandeiría e Pesca de Uruguai

A Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai pide ó Presidente sumarse á oferta de formación económica que inicia a Deputación de Lugo esta semana en Sudamérica.

A Deputación de Lugo co-financiará o Hogar Español, exemplar na asistencia xeriátrica en Iberoamérica e no que o 70% son galegos. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acordou co novo Ministro de Agricultura, Gandeiría e Pesca do Goberno de Uruguai, Ernesto Agazzi, abrir novos mercados económicos incidindo en varias liñas de colaboración. A granxa Gayoso-Castro -unida ás potencialidades do campus lucense e do hospital clínico veterinario Rof Codina-, e a potenciación do sector pesqueiro da Mariña centraron a reunión dos dous mandatarios. Na sede do Ministerio, o Presidente expúxolle ó Ministro o proxecto da Granxa Gayoso-Castro como centro de recría de novillas –Uruguai é un país cun gran consumo e produción de carne- e as potencialidades dun campus como o lucense, volcado na gandeiría e a agricultura, así como o hospital Rof Codina, referente en Europa. A outra liña de traballo ten como protagonista ó sector pesqueiro da Mariña lucense. Gómez Besteiro destacou a gran experiencia en trazabilidade na pesca que teñen as Cofradías de Celeiro e Burela, experiencia que a Deputación está disposta a exportar e promocionar con eles fóra da provincia. As circunstancias son moi favorables. Burela ten máis dunha ducia de barcos traballando no porto de Montevideo. Celeiro fai descargas en Montevideo dalgúns dos seus barcos que faenan en augas internacionais. O goberno de Uruguai sacou a licitación unha reforma portuaria no que se pretende aumentar o espazo e facilitar que cada barco teña o seu lugar propio de atraque. De aí a importancia de apostar neste momento pola trazabilidade, que permitiría a comercialización dos produtos asegurando que non se rompe a cadea de frío. O Presidente defendeu esta liña de colaboración, “beneficiosa non só para Uruguai senón para os intereses da nosa provincia”. Adhesión á formación da Deputación Por outra banda, a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai pediu ó Presidente da Deputación de Lugo adherirse á oferta formativa de carácter económica que inaugurará Gómez Besteiro esta semana en Arxentina e Venezuela e nese sentido quedou preparado un protocolo de colaboración. O Presidente amosouse “enormemente satisfeito da acollida que está a recibir a programación formativa da Deputación, a primeira programada no exterior”. O Presidente mantivo unha xuntanza de traballo cos empresarios na sede da Asociación, que é un lobby galego con gran peso que está apostando pola innovación, a procura de novas oportunidades de negocio e a defensa da identidade galega. Co-financiación do Hogar Español O Presidente visitou pola mañá o Hogar Español. Trátase da única residencia da terceira idade que ten o Estado Español no estranxeiro, é un exemplo da asistencia xeriátrica no país pero tamén para toda Iberoamérica. Dos 210 usuarios da mesma, o 70% son galegos e a maioría supera os 80 anos. O Hogar Español e a única posibilidade que teñen os españois con poucos recursos económicos no Uruguai. Por este motivo, o Presidente comprometeuse a co-financiar os gastos vinculados ós usuarios lucenses dentro das posibilidades da institución provincial, así como a trasladar esta información ás áreas responsables da Deputación. O Presidente desta institución, José Luis Peña, explicou os graves problemas de financiamento que están a sufrir e destacou que “en 44 anos de existencia nunca nos vino a ver un Presidente de la Diputación de Lugo”. Xornada intensa o martes A axenda deste mércores será igual de intensa e estará marcada polas reunións con dous Ministros do Uruguai e o traslado da comitiva a Arxentina: MARTES 9 DE SEPTIEMBRE DE 2008 10:00 h Encuentro oficial del Presidente con la Ministra de Educación y Cultura, María Simón. Lugar: Calle Reconquista, 535. 10:45 h Recepción al Presidente de la Diputación de Don Luis Polakoff, Director de Desarrollo Económico e Integración Regional de la Intendencia Municipal de Montevideo junto a otros integrantes del Gobierno de Montevideo. 11:45h Visita a las instalaciones de CUTCSA, donde el Presidente será recibido por el Presidente de esta compañía, Juan Salgado, y su directiva. Sede central: Sarandi, 528 12:30 h Encuentro oficial del Presidente con el Ministro de Turismo, Héctor Lezcano. Lugar: Ministerio de Turismo. Lugar: Rambla 25 de agosto esquina Yacaré. 13:45-14:30 h Encuentro oficial con el Presidente de la Junta Departamental de Montevideo. Sede de la Junta Departamental (calle 25 De Mayo, 629). 14:30 h Comida con Asociación Gallega de Empresarios. (A CONTINUACIÓN, SALIDA PARA AXENTINA).