Deputación de Lugo

Conde Pumpido e membros da Alta Maxistratura visitan os Canóns do Sil con Km0 da Deputación de Lugo

Gómez Besteiro acompañará ó Fiscal Xeral do Estado nesta ruta especial incluída no programa de visitas medioambientais, no que xa participaron máis de 6.000 persoas

A vista á Ribeira Sacra é previa á celebración das III Xornadas Xurídicas que se celebran o 12 e 13 de xuño en Sarria O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañará este xoves ó Fiscal Xeral do Estado, Cándido Conde Pumpido, e a varios maxistrados dos Tribunais Supremo e Constitucional nunha ruta polos Canóns do Sil incluída no programa de visitas medioambientais Km0 que promove a institución provincial. Gómez Besteiro exerceu de anfitrión dos membros da Alta Maxistratura que participarán nas III Xornadas Xurídicas que se celebran o 12 e 13 de xuño en Sarria. Gómez Besteiro, que estivo acompañado polo Alcalde do Concello sarriano, Claudio Garrido, destacou “que esta é unha das rutas más demandadas dentro de Km0, un programa que está a ser todo un éxito e no que xa participaron máis de 6.000 persoas”. O máximo responsable provincial lembrou que “con Km0 queremos dar a coñecer a gran riqueza medioambiental da nosa provincia, e esta é unha ocasión inmellorable”. Programa da ruta A visita comezará esta tarde no mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, onde embarcarán en catamarán. Durante o paseo fluvial, o Fiscal Xeral do Estado e os altos maxistrados poderán disfrutar dunha das paisaxes máis espectaculares, non só de Galicia, se non de toda España. Desembarcarán en Chancís, no Concello de Sober, para visitar un taller no que se elabora a oleiría de Gundivós, e rematarán a visita cunha desgustación nunha adega de viño de Ribeira Sacra. Acompañarán ó Fiscal Xeral do Estado: Pascual Sala Sánchez, maxistrado do Tribunal Constitucional e ex presidente co Consello Xeral do Poder Judicial; Eduardo Espín Templado: Magistrado da Sala Terceira do Tribunal Supremo e Catedrático de Dereito Constitucional; José Antonio Seijas: Magistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo; Ignacio Sierra Gil de la Cuesta, ex Presidente da Sala Primeira do Tribunal Supremo e Magistrado Emérito da dita Sala; Juan Antonio Xiol Rius, presidente da Sal primeira do Tribunal Supremo;Clemente Auger Liñán e o maxistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo. Tamén estarán o presidente da Academia Galega de Xurisprudencia, Juan Antonio Caridade e o director da Editorial Vox, Alberto Ferré. Un programa exitoso Km0 é un programa promovido pola Deputación que ten por finalidade dar a coñecer a grande riqueza medioambiental e paisaxística da provincia e promover a súa economía. Posto en marcha no mes de setembro de 2008 , o seu éxito foi rotundo. Neste tempo, participaron máis de 6.000 persoas e xa están reservadas todas as prazas para os próximos meses. Esta iniciativa está incluída no programa mediomabiental LugO2, que está cofinanciado con Fondos Feder da Unión Europea. O medio ambeinte é un dos eixos estratéxicos do goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro, xa que o 55% do territorio da provincia foi declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. A segunda estapa do programa, que se poñerá en marcha o 1 de setembro, denomínase Km0 Xtreme. Pasarase das 88 rutas actuais ás 135 actuais, para atender a grande demanda e e incluirá 14 de multiaventura e deporte. Os interesados que desexen apuntarse terán que entrar na web: www.km0.deputacionlugo.org e descargar a folla de inscripción que se atopa no apartado de “Contacto e inscripción”. Logo deberán cubrirla e enviala á dirección de correo electrónico km0@deputacionlugo.org, por fax ó 982 26 01 70, ou por correo ordinario ó Servizo de Protocolo (rúa San Marcos 8, 27001 Lugo).