Deputación de Lugo

A Deputación reduce a máis da metade o prazo de pago a proveedores e acreedores

O prazo pasou de 88 días no mes de setembro do ano pasado a 43,6 en abril, e o obxectivo é acadar un máximo de 30 días

Gato subliña que “queremos colaborar para que as empresas e os autónomos que manteñen contratos coa Deputación aumenten a súa liquidez” Nos últimos meses, a Deputación reduciu en máis da metade o prazo de pagamento a proveedores e acreedores, e ten como obxectivo pagar nun prazo máximo de 30 días, segundo anunciou este venres o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato. “Queremos colaborar con outras medidas emprendidas por outras administracións co fin de aumentar a liquidez de empresas e autónomos que teñen relación contractual coa Deputación”, apuntou Gato Soengas. O Deputado deu a coñecer una circular da Área de Economía que se enviou a todos os Servizos provinciais “no que se destaca a drástica reducción dos últimos meses que, seguramente xa ten unha repercusión positiva na economía dos acreedores e proveedores da nosa institución, e agora farese un último esforzo para conseguir o obxectivo de pagar en 30 días”. Segundo Antonio Gato, “un mostreo realizado en setembro do ano pasado entre facturas do ano 2008, deu como resultado un prazo medio de 88 días, mentres que ese mesmo mostreo, feito en febreiro e abril de 2009, reducía o prazo a 43,61 días, é dicir máis da metade”. A Área de Economía, que dirixe Regina Polín, destaca neste escrito que a Lei de ontratos do Sector Público establece que a Administración Pública ten a obriga de satisfacer as súas obrigas nun prazo de 60 días, aínda que as directrices da Unión Europea se dirixen cara un prazo de 30 días, que o obxectivo da Deputación. “Ésta é unha institución saneada e, polo tanto, o tempo que se tarda en pagar non é por falla de liquidez, senón polos trámites administrativos que son necesarios para garantir o destino dos fondos públicos. De todos os xeitos, estes trámites deben axilizarse ó máximo para que, a súa vez, sexan eficaces e permitan obter unha mellora nos prazos ofertados”, dixo Gato Soengas. Apoio ós traballadores de Ingemarga Polo que se refire á Xunta de Goberno, aprobouse unha declaración institucional de apoio ós traballadores de Ingemarga. Por outra banda, deuse o visto e prace a 8 contas xustificativas dos Plans de Comunidades Veciñais dos anos 2006, 2007 e 2008. Estas obras suman un total de 80.150 euros, dos que a Deputación achega 54.226. Antonio Gato apuntou que “rematamos coas obras de 2005 e estamos a pique de rematar coas de 2006. Levounos tanto tempo polas dificultades de xustificar obras que se fixeron hai anos”. Ademais, adxudicouse provisionalemente por 64.103 euros á empresa Monforte S.A. o servizo de transporte nas visitas, rutas e itinerarios previstos no programa Km0 no marco do proxecto Lug02. Tamén se acordou vender á ALMASA (Agrupación de Madeiras S.A) as accións suscritas no seu día pola Deputación. Véndese a totalidade das 2.500 accións por un valor de 150.253 euros. Por outra banda, ratificouse o convenio de colaboración asinado en novembro de 2008 entre as Deputacións de Lugo e A Coruña, a Consellería de Cultura e a Fundación Galicia América como instrumento para canalizar a subvención de 20.000 euros destinadas a bolsas para os estudantes galegos e fillos de galegos do colexio Santiago Apóstol de Bos Aires. “Como lembrarán, este foi un dos compromisos asumidos polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, durante a súa visita institucional a Arxentina, Uruguai e Venezuela no mes de setembro”.