Deputación de Lugo

A Deputación inviste 150.000 euros na construción dunha ponte no límite entre Vilalba e Muras

Hoxe procedeuse a colocar as vigas desta estrutura que se abrirá ó tráfico dentro de mes e medio

O organismo provincial asume con fondos propios estas obras do POS 2005 dos que se perdeu a subvención do MAP por non dispoñer dos terreos A Deputación inviste 150.000 euros na contrución dunha nova ponte sobre o río que divide os termos municipais de Vilalba e Muras, na estrada CP-6502, de Vilalba á Balsa por Chavín. Esta mañá procedeuse á colocación das catro vigas que sustentarán esta estructura que se abrirá ó tráfico dentro de mes e medio. A nova dotación forma parte dunha variante situada entre os puntos quilométricos 16,500 ó 17,000 e sustitúe á vella ponte que se utiliza na actualidade. O organismo provincial asume con fondos propios o total do custe deste investimento. A obra corresponde a un POS 2005 e forma parte da relación de obras das que se perdeu o 50% da subvención do Ministerio de Administracións Públicas porque o anterior equipo de goberno non iniciara o proceso de expropiación e non foi posible poñer a disposición da empresa construtora os terreos no prazo esixido. A Deputación xa rematou as obras de mellora do seguinte treito desta vía provincial, entre os puntos quilométricos 17,000 ó 18,200 correpondente ó POL 2006. Neste caso, investiuse un presuposto de 300.000 euros.