Deputación de Lugo

Una dieta rica en calcio e o exercicio físico as mellores armas para previr a osteoporose

Preto dun cento de persoas asisten á conferencia sobre esta enfermidade organizada pola Deputación de Lugo

A osteoporose é a enfermidade metabólica ósea máis frecuente na poboacion, e a súa prevención é fundamental para evitar a súa principal consecuencia: as fracturas. Así o puxo de manifesto a reumatóloga do Complexo XeraL- Calde, Encarna Amigo, na conferencia que impartiu este mércores dentro da campaña sobre a osteoporose que organiza o Servizo de Prevención da Deputación de Lugo. Preto dun cento de persoas, a maioría delas mulleres, asistiron á charla- coloquio que se celebrou no Salón de Actos do Pazo Provincial. Encarna Amigo afirmou que “a prevención debe facerse nas diferentes etapas da vida cunha dieta rica en calcio e vitamina D, e con exercicio físico”. Pero ademais dixo que “hai que ter en conta outros factores como os antecedentes familiares, a raza e o sexo”. A osteoporose é unha enfermidade que afecta sobre todo a mulleres de raza branca a partir da menopausia, “etapa na que se produce un declive na densidade ósea”. Un 20-25% da poboación feminina e algo máis do 4% da masculina padecen osteoporose. A reunamatóla do Xeral-Calde tamén fixo referencia ós diversos tratamentos farmacolóxicos que existen para combater a enfermidade, unha vez diagnosticada, e “que poden evitar as fracturas, que é o principal problema ó que se enfrontan as persoas afectadas por esta doenza”. Esta conferencia forma parte da campaña “A osteoporose: cóllelle a dianteira” destinada ós traballadores da Deputación e que se desenvolve do 26 ó 30 de marzo.