Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe os premos Amigos da Muralla

Gómez Besteiro destacou a labor realizada polo Concello de Lugo

Moi boas tardes a todos e a todas! Como Presidente da Deputación e membro da Corporación Municipal do Concello de Lugo é para min un pracer recibir o premio Amigos da Muralla. Por iso, en primeiro lugar: GRAZAS. O 29 de novembro do ano 2000 a Muralla de Lugo era declarada Patrimonio da Humanidade. No ano 2006, e grazas ás distintas medidas que impulsamos desde o Concello de Lugo, o Ministerio de Cultura entregounos a distinción de Premio Patrimonio da Humanidade polo traballo realizado a favor do noso monumento máis universal. Podo dicir, Pois, que a Muralla foi durante este anos para nós “a meniña dos nosos ollos”, como sempre afirmou o Alcalde de Lugo, José López Orozco. E precisamente aquí quero recoñecer públicamente o enorme mérito do Alcalde por impulsar e implicarnos noutro proxecto que nos está permitindo descubrir a Muralla desde a súa faciana máis descoñecida: o Paseo Interior. Creo que, entre todos, conseguimos convertir ó Monumento nun referente, o que está a redundar no beneficio de toda a provincia, potenciando, ó mesmo tempo, os moitos atractivos que posúe o noso territorio provincial. Desde sempre souben que participar activamente na creación do Paseo Interior da Muralla era algo fundamental para un Monumento que pasou de ser un obstáculo para a evolución e crecemento da cidade… a ser o “salón de estar” da cidadanía, unha “segunda casa” integrada na estrutura urbana e fonte da nosa riqueza turística, histórica e cultural. Non podemos esquecer que a diario son moitas as persoas que pasean polo adarve, ¿acórdanse da chamada “ruta do colesterol??. Por todo iso, a posta en marcha de políticas transversais que beneficiaron a súa conservación foron e serán fundamentais. Estas pasaron no Concello de Lugo pola rehabilitación de edificios, creación de canís ó seu carón, programas de visitas teatralizadas, difusión turística, alumeado, limpeza… Por poñer algún exemplo, quero lembrar o acondicionamento de certos espazos como é o treito comprendido entre a rúa Nóreas e o aparcadoiro de Ánxel Fole. Un dos problemas cos que nos atopamos no mandato anterior foi con que moitos dos edificios estaban en ruínas, case me atrevería a dicir que pedían a berros unha reforma a nivel xeral. Hoxe presentan unha faciana moi diferente e o que dariamos moitos de nós por poder vivir alí… Como saben, a Deputación de Lugo experimentou un cambio político hai escasos meses. Queremos abrir a nosa institución á cidadanía porque non podemos esquecer que o Pazo de San Marcos é a Casa de todos os Concellos da provincia e dos seus habitantes. Por iso, tamén queremos e xa estamos traballando para que os nosos xardíns formen parte do ambicioso proxecto do Paseo Interior. Por iso, subraio o meu compromiso de cumprir o soño do Alcalde e amigo, José López Orozco, un soño que non sería posible sen a complicidade que están a ter todos os propietarios dos edificios que se atopan dentro do adarve, xa que doutro xeito, sen a súa colaboración desinteresada, este proxecto non podería saír adiante. O Plan Urban solicitado polo Concello de Lugo, e que conta coa colaboración da Deputación, contempla a rehabilitación e potenciación do centro histórico. Será un programa clave que redundará na mellora do aspecto da Muralla e do que se beneficiarán principalmente os comerciantes do centro histórico. Neste senso, desde o organismo que presido participaremos activamente na súa posta en marcha. Estou seguro de que tamén o foro PROLUGO, que foi creado recentemente na Deputación e que conta coa participación das principais administracións e entidades provinciais, traballará a favor da Muralla. Pero non quero rematar a miña intervención sen voltar a expresar o meu agradecemento por este premio. Antes desde o Concello e agora desde a Deputación colaboraremos con todas as institucións, xa que SÓ SUMANDO ESFORZOS conseguiremos que o Paseo Interior da nosa Muralla e a súa sona cheguen aínda máis lonxe. MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!