Deputación de Lugo

O curso de cestería de vimbio: “cesta de cogumelos” dará comezo o vindeiro luns

O curso prolongarase ata o 2 de novembro

O vindeiro luns, día 29, dará comezo o curso de cestería de vimbio “cesta de cogumelos” que organiza o Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo. Desde o luns ata o 2 de novembro os asistentes coñecerán a técnica de construcción desta modalidade de cestería que, durante os catro días, se impartirá no Obradoiro de Cestería do Paseo do Río Rato de Lugo. O curso será impartido polo artesán Carlos Fontales e consta de 8 prazas. O programa inclúe a identificación de material, técnicas e ferramentas necesarias para a construcción dos cestos. Deste xeito, os alumnos terán a oportunidade de coñecer as técnicas de fondo radial ovalado e remate en trenza e asa artesanal, e de elaborar cordóns de tres ramais e teladas. O obradoiro impartirase de 16:00 a 20:00 horas. Está dirixido a aqueles profesionais relacionados coa artesanía, tales como cesteiros, floristas, profesionais do contorno, artesáns do textil, e ó público en xeral. Os interesados poderán formalizar a inscripción ata dous días antes do comezo do curso a través do teléfono 982 21 00 66 ou do número de fax: 982 21 90 14. O custe da matrícula é de 16 euros. Esta actividade inclúese dentro da programación de outono de cestería que organiza o CENTRAD, que inclúe un total de 6 cursos.