Deputación de Lugo

Un ciclo de conferencias expoñerá o vindeiro mércores as conclusións do proxecto internacional Avantcraft

A xornada será inaugurada polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurará o vindeiro mércores un ciclo de catro conferencias nas que se expoñerán as conclusións do proxecto internacional Avantcraft. Ademáis darase a coñecer a orientación do Centro de Artesanía e Deseño, dependente da institución provincial, en materia de innovación para os vindeiros anos. O proxecto Avantcraft no que, ademais de España, participan Francia, Irlanda e Portugal, pretende a promoción do Espacio Atlático a través do deseño, o desenvolvemento e a promoción de diversas coleccións de produtos. Outro dos seus obxectivos é mellorar a competitividade das empresas artesanais, contando coa colaboración de deseñadores, a incorporación das novas tecnoloxías, a cooperación produtiva interrexional e a promoción conxunta. A primeira das conferencias será impartida polo analista de mercado Juan Carlos Santos Capa co título “Artesanía, deseño e vanguardia: tendencias na artesanía contemporánea”. A continuación, o filósofo Joao María André falará sobe “A forza do Atlántico: filosofía e briefing”. A tereceira das charlas, “O valor das ideas: comunicación de principio a fin”, correrá a cargo do fotógrafo Xoán Piñón e, por último, a directora do CENTRAD, Francisca López, disertará sobre “Avantcraft, un camiño aberto, un paso adiante hacia a competitividade”. Ó remate das conferencias celebrarase unha mesa redonda coa participación de deseñadores, artesáns e empresas que participaron no proxecto. A clausura do acto correrá a cargo da Vicepresidenta Segunda da Deputación e responsable da Área de Promoción Económica e Emprego, Lara Méndez. Está prevista a asistencia de destacadas personalidades, entre outros, Ismael Morán-García, responsable de Xestión Financieira do programa Interreg “Espacio Atlántico”; Ana Burgos, corresponsal nacional do Espacio Atlántico dependente do Ministerio de Facenda; Luis Rocha, Director do Centro Nacional de Formación Profesional do Artesanado de Portugal; e José Ramón Méndez, Director da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol. As persoas que acudan ás conferencias recibirán un certificado de asistencia polo que deberán inscribirse previamente no número de teléfono 982 21 06 66 ou no correo electrónico avantcraft@centrad.org. As conferencias impartiranse o vindeiro mércores, 31 de outubro, a paritr das seis e media do serán. Será no Salón de Actos do Pazo Provincial.