Deputación de Lugo

Gómez Besteiro confirma que a Deputación respaldará ó Campus de Lugo

Inauguración do XXXI Coloquio da SILF

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, confirmou esta mañá que esta institución apoiará ó Campus universitario de Lugo e estreitarán relacións no futuro. Gómez Besteiro fixo estas declaracións na inauguración da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional que celebra desde este martes 11 ata o vindeiro sábado 15 o seu XXXI Coloquio anual na Facultade de Humanidades. Diante de lingüistas de todo o mundo, o Presidente da Deputación fixo fincapé en que “la lengua nos une, no nos separa, no se puede convertir en un arma arrojadiza”. Por iso, felicitou ós presentes e desexeoulles unha feliz estancia na nosa provincia, “la joya en bruto deste Finisterrae en el que vivimos”. Gómez Besteiro confirmou que o Campus lucense será respaldado pola Deputación no futuro pero “reconociendo el trabajo que se hizo desde la Diputación en el pasado, trabajo que además aplaudo”. Ao acto inaugural deste congreso, que tivo lugar no centro lugués, asistiron a vicerreitora de Oferta e Xestión Académica do Campus de Lugo, Begoña Barreiro; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño; o presidente da Deputación de Lugo, J. Gómez Besteiro; o alcalde da cidade, López Orozco; a presidenta da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional (SILF), Henriette Walter; e o organizador do coloquio e decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga. A internacionalidade tamén destaca entre no congreso, xa que os asistentes proveñen de 23 países diferentes, incluíndo Francia, Italia, Grecia, Chipre, Arxelia, Polonia, Xapón, Moldavia ou Rusia. Expertos de todo o mundo están a debater sobre o dominio científico da Lingüística Funcional e a súa aplicación ao estudo das diferentes linguas. A SILF A SILF foi fundada en 1974 polo lingüista francés André Martinet, un dos nomes fundamentais na historia recente da lingüística mundial. Esta sociedade celebra anualmente os seus encontros, tendo lugar as pasadas citas en cidades como Frankfurt, en 2001, nas Antillas Francesas, no 2002, en Helsinki, no 2005, ou en Chipre, no pasado ano. A participación media nos coloquios do SILF atópase sobre o centenar de persoas, na súa maioría membros da sociedade.