Deputación de Lugo

Deputación e Universidade colaborán en materia cultural. Haberá intercambio de experiencias e iniciativas conxuntas.

Os Vicerreitores de Cultura e Infraestructuras da U.S.C., acompañados da Vicerreitora de Infraestructuras adxunta do campus de lugo, mativeron unha entrevista co Vicepresidente e co responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación.

Nesta xuntanza destacouse a necesidade de consolidar as titulacións existentes no campus universitario de Lugo. LUGO, 12 DE NOVEMBRO. Os Vicerreitores de cultura e infraestructuras da Univiersidade de Santiago de Compostela, acompañados da vicerreitora de infraestructuras adxunta do campus de lugo achegaronse ao Pazo de San Marcos para manter unha entrevista co Vicepresidente e co Deputado responsable da Área de Cultura, Deportes e Educación da Deputación de Lugo. Esta xuntanza entre membros do goberno da USC e da Deputación tivo como obxectivo coñecer de primeira man diversos aspectos relativos ó futuro do campus lucense. Tamén se falou da futura ordenación da campus lucense, da posible creación de novas instalacións e do proxecto do edificio que albergará a titulación de Enxeñería Civil. O vicepresidente, Antón Bao, valorou positivamente a xuntanza e resaltou a importancia destes encontros para manter o bo entendemento entre ámbalas dúas institucións. O nacionalista Bao afirmou “é responsabilidade de todos consolidar o campus universitario como un referente para Lugo”, aludindo á necesidade de colaboración entre as distintas institucións. Os vicerreitores e os representantes do goberno da Deputación analizaron, nesta xuntanza, o futuro das titulacións a impartir no campus lucense. Según o vicepresidente da Deputación “con idependencia de estudiar a posible implantación de novas titulacións, compre traballar na liña de consolidar as titulacións existentes”. Tanto o responsable de Cultura, Deportes e Educación da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, como o vicepresidente, Antón Bao, afirmaron que dende as áreas que dirixen na Deputación haberá un apoio decidido á implantación de novas liñas de investigación no campus de Lugo e ás iniciativas que, dende a universidade, aposten pola posta en marcha de actividades deportivas. COLABORACIÓN EN MATERIA CULTURAL O responsable de Cultura, Deportes e Educación da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, sinalou a predisposición de ámbalas dúas entidades para colaborar en materia cultural. Será un feito a posta en marcha de iniciativas culturais conxuntas destinadas á “poboación” universitaria e ó resto dos cidadáns. “Trataremos de establecer unha relación simbiotica na que ámbalas dúas entidades poidan nutrirse das respecitivas experiencias en materia cultural” asegurou Antonio Veiga.