Deputación de Lugo

O Servizo de Recadación da Deputación de Lugo pon ó cobro o IBI en periodo voluntario

Imaxe deputación de lugo
Os conbrituìntes teñen de prazo ata o 5 de novembro para pagar este imposto

O Servizo de Recadación da Deputación de Lugo puxo ó cobro en 58 concellos da provincia o Imposto sobre Bens Inmobles nos apartados de rústica, urbana e características especiais. Os contribuíntes teñen de prazo ata o 5 de novembro para o pagar o IBI en peridodo voluntario. O ingreso dos tribunos deberá efectuarse en calquera sucursal de Caixa Galicia, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:00. Para facilitar o pagamento en anos sucesivos, os veciños que non teñan domiciliado o recibo poderán facelo en calquera Banco ou Caixa de Aforros. Cando remate o periodo voluntario, o Servizo de Recadación Provincial poñerá en marcha a vía executiva. A partir do día 5 de novembro o recargo será do 5%, e unha vez notificado ós afectados o recargo acadará do 20% e os intereses de mora. O ano pasado o Servizo de Recadación da Deputación ingresou 1.147.467 euros en periodo voluntario polo imposto en rústica, e 197.899 euros pasaron á vía executiva. A porcentaje de xestión foi do 85,2%. Polo que se refire ó apartado de urbana, ingresáronse 9.479.017 euros en voluntaria, e pasaron 1.181.767 euros a executiva. Neste caso xestionouse o 88,9 % deste tributo en periodo voluntario.