Deputación de Lugo

Preséntase na Deputación Teatros Putrefactos, a última creación de Iván Prieto

O artista, afincado en Lugo, foi galardoado este ano co 1º premio no ‘Certame Galego de Creadores GZ CREA 2007’, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta de Galicia

Esta colección de obras baseadas nunha escenografía innovadora poderá verse a partir de mañá na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos LUGO, 8 DE NOVEMBRO. O vicepresidente da Deputación e o responsable da área de Cultura, os nacionalistas Antón Bao e Antonio Veiga, presentaron hoxe en rolda de prensa o traballo do xoven creador Iván Prieto, nado no Barco de Valdeorras fai 29 anos aínda que afincado en Lugo. Antonio Veiga explicou que a apertura desta exposición é “mostra da nova aposta da área de Cultura da Deputación: o apoio aos novos creadores e aos artistas lucenses”. En palabras do responsable de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, a colección que Iván Prieto presenta en Lugo mestura a “ficción e a realidade na escenografía cun tinte dramático e cómico ao mesmo tempo, mostrándonos un traballo moi suxestivo deste autor galego”. Esta exposición abrirá as súas portas mañá ás 20:00 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos coincidindo coa presentación que o seu autor fará en Santiago de Compostela da obra premiada este ano co 1º premio no Certame Galego de Creadores GZ CREA 2007, dependente da Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta de Galiza. EXPOSICIÓNS ITINERANTES POLOS CONCELLOS O vicepresidente Antón Bao, anunciou que desde a área de Cultura estáse a solicitar información aos Concellos sobre as infraestruturas culturais das que dispoñen e das súas características esenciais. Con esta información a Rede Museística, dependente da área de cultura da Deputación, porá en marcha unha programación destinada a achegar actividades, de xeito itinerante, aos distintos Concellos e comarcas de Lugo. Antón Bao resaltou que “é a primeira vez que desde a Deputación de Lugo se lle solicita aos Concellos este tipo de información, para poder executar actividades que leven a Cultura aos cidadáns de todos os Concellos”. IVÁN PRIETO DATOS BIOGRÁFICOS O Barco de Valdeorras. 1978. Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente reside en Lugo onde ten o seu estudo. É tamén ilustrador de contos infantís. EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS 2006 Absurdos e incongruentes. Galería Espacio. Santiago de Compostela 2005 Freak-Show El Correo Gallego. Santiago de Compostela Pantomimas e outras trangalladas Galería Sargadelos. O Barco de Valdeorras 2001 Corpos de papel Casa de Galicia. Madrid. Espacios para o grotesco Casa da Cultura. O Barco de Valedoras 1999 Contradiccións Café Real. Ourense Xogando Mosteiro de Xagoaza. Ourense 1997 Casa da Cultura. O Barco de Valedoras EXPOSICIÓNS COLECTIVAS Dende 2001 a 2007 máis de 30 en Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Lalín, Pontevedra, Murcia, Madrid, Segovia, Borja (Zaragoza), Utrecht (Holanda), París, Mirano (Italia)...etc. PREMIOS E BOLSAS Vén de recibir o 1º Premio no Certame Galego de Creadores Novos GZcrea 2007, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude. A exposición das obras premiadas e seleccionadas neste certame inaugúrase precisamente o día 8 de novembro na Zona C . Santiago de Compostela.