Deputación de Lugo

A Universidade fará proxectos específicos para potencias os principais sectores socieconómicos dos concellos de Lugo

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao,reuniuse hoxe co vicerecctor do campus de Lugo, Carlos Herrero, ao que lle pediu a “implicación” da Universidade no despegue económico dos distintos municipios

Bao e Herrero axilizaron a construción do novo edificio de Topografía para o que hai comprometidos catro millóns de euros por parte de Deputación e Universidade LUGO, 22 DE OUTUBRO. O campus universitario de Lugo realizará proxectos específicos para aqueles concellos que precisen potenciar os seus sectores socioeconómicos. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, mantivo hoxe unha xuntanza co vicerrector do campus de Lugo, Carlos Herrero, a quen lle solicitou “o apoio e a implicación da Universidade no despegue económico dos distintos Concellos e comarcas de Lugo”. O compromiso acadado supón “abrir unha nova vía de colaboración” e que o campus universitario de Lugo “se poña ao servizo do territorio no que se asenta”, afirmou Antón Bao. O obxectivo, dixo o vicepresidente da Deputación, é que a vinculación do campus de Lugo á realidade socioeconómica na que se asenta sexa máis forte, logrando aproveitar sinerxias e potencialidades das titulacións impartidas pola Universidade en Lugo. Así, dixo Bao, “o sector agrogandeiro de Lugo ten que beneficiarse dun campus universitario que lle debe aportar innovación con miras a desenvolver unha industria de transformación que xenere valor engadido”. Na xuntanza, na que tamén participou o responsable da área de Educación do novo Goberno da Deputación, o tamén nacionalista Antonio Veiga, abordáronse ademais outros temas pendentes entre a institución provincial e a Universidade. Así, Antón Bao e Carlos Herrero trataron sobre a “axilización” das obras do novo edificio de Topografía, unha infraestrutura necesaria e “que urxe facer”, admitiu Antón Bao. Para a construción deste novo edificio esiste xa un convenio asinado entre Deputación e Universidade para financiar os catro millóns de euros que custa o proxecto, para o que a institución provincial poría dous millóns e a USC outros dous. QUE A UNED NON COMPITA CO CAMPUS Finalmente, o vicepresidente nacionalista e o vicerrector tamén trataron o tema da futura instalación da UNED en Lugo. Bao e Herrero defenderon que a Universidade a Distancia “non debe competir co campus”, senón complementarse, polo que se debe manter unha “estreita relación” para “combinar carreiras en vez de duplicalas”.