Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo solicita ós Alcaldes a súa opinión para planificar a Cooperación cos Concellos

A Xunta de Goberno adxudica obras para atender as incidencias en vías de 12 concellos

A Deputación de Lugo enviou cartas ós Alcaldes e Alcaldesas dos 67 Concellos da provincia para coñecer a súas preferencias sobre as obras, os servizos e os plans que, na súa opinión, debería prestar a institución provincial. O Delegado da Área de Cooperación cos Concellos e voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, asegurou que “esta información é de grande importancia para planificar con rigor a cooperación cos Concellos”. Gato Soengas fixo un chamamento ós rexedores “para que acheguen as súas consideracións”. O voceiro socialista asegurou que esta iniciativa acométese “sen perxuizo dos Plans de Obras e Servizos xa establecidos e pensando sempre nos intereses dos cidadáns e cidadás en relación ó labor cooperador da Deputación”. Adxudicacións para atender as incidencias Antonio Gato fixo este anuncio trala reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo que este venres adxudicou definitivamente tres obras de conservación anual de incidencias e reparación de vías provinciais por un importe total de 851.000 euros. Aduxidicáronse á empresa Construcciones y Transportes Paulino González as obras nos concellos de Muras, Ourol, Viveiro e O Vicedo por 168.975 euros; Sucastro S.L encargarase destes traballos en Guntín, Paradela, Portomarín e Taboada por 530.000 euros; e a UTE formada por Construcciones Isidro Otero e Construcciones Carbelleira traballarán nas estradas provinciais da Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín por 153.000 euros. “Os plegos de condicións inclúen unha clásula con 23.600 euros para que estas empresas estean dipoñibles os 365 días do ano as 24 horas do día para atender calquera tipo de incidencia, sobre todo, as provocadas pola neve e o xeo durante o inverno”, dixo Antonio Gato quen tamén subliñou que “xa está cuberta toda a provincia, agás o concello de Navia de Suarna, que se adxudicará proximamente” . Outros acordos da Xunta de Goberno A Xunta de Goberno tamén aprobou tres contas xustificativas do Plan de Cooperación con Comunidades Veciñais do ano 2005. Estes proxectos supoñen un investimento total de 53.850 euros, dos que a Deputación de Lugo achegou 20.200 euros. Os proxectos subvencionados son o alumeado público de Goá, no Concello d Cospeito; a restauración e paredes exteriores da igrexa de Mariz, en Guitiriz; e a cuberta e acondicionamento dos nichos do cemiterio de Caritel, en Foz. Outro dos acordos foi a modificación do convenio entre a Deputación e o Concello de Becerraá para a construcción das piscinas neste municipio da montaña. O convenio inicial “foi rescindido por problemas técnicos e de acordo coa adxudicataria”. Mantense o investimento inicialmente previsto, de 990.000 euros, que aportará a integramente a Deputación. Por outra banda, aprobáronse os proxectos modificados das obras de abastecemento de auga potable a Ciro, Xerboles e Rois, no concello de Pol; e de San Tomé e San Adriano, na Pontenova. Tampouco nestes casos se modifica o presuposto inicial. A Xunta de Goberno adxudicou á empresa IDOM S.A. a asistencia técnica para as auditorías de obras cofinanciadas con Fondos FEDER por 19.800 euros.