Deputación de Lugo

O Presidente e o Alcalde de Lugo presentan ós veciños de Cuíña o proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial

Imaxe deputación de lugo
A Deputación investirá 510.000 euros nas obras de mellora e ampliación dun treito de preto de 6 quilómetros

Gómez Besteiro, acompañado polo López Orozco e varios membros da Corporación, visitou o lugar onde se realizarán as obras O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañados por varios membros da Corporación municipal, presentaron este mércores ós veciños da parroquia luguesa de Cuíña o proxecto de mellora e ampliación dun treito de preto de 6 quilómetros da estrada provincial CP-2906 que financia ó 100% o organismo provincial. José Ramón Gómez Besteiro destacou a importancia desta obra “que mellorará as comunicacións da zona e deixará en perfectas condicións de seguridade vial esta estrada”. O máximo responsable provincial sinalou que a institución “realiza un importante esforzo económico co investimento de máis de medio millón de euros neste proxecto que será contratado proximamente e do que xa poderán beneficiar os veciños este verán”. Pola súa banda, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou que “grazas á cooperación entre institucións será posible esta obra tan imporante para o Concello e que dará servizo ós veciños de Cuíña e Coeses”. López Orozco subliñou que “con este proxecto cumprimos un dos compromisos asumidos cos habitantes desta zona”. O rexedor pediu paciencia ó veciños “xa que as obras sempre son incómodas pero, neste caso son moi necesarias”. Características do proxecto O proxecto, que teñen un prazo de execución de catro meses, prevé o acondicionamento e ampliación de 5,890 quilómetros da estrada provincial CP 2906, no Concello de Lugo, no treito que vai desde a estrada de Portomarín, pasando por Cuíña ata Vilalvite. Estes traballos están presupostados en 510.000 euros, unha cantidade que será aportada integramente pola Deputación. A vía terá un metro máis de ancho, pasando dos 4,5 metros actuais ós 5,5. O máximo responsable provincial destacou que “para ampliar a a estrada non serán necesarias expropiacións nin longos procesos para obter os terreos, xa que acondicionaremos os dous arcéns, que teñen cada un medio metro de ancho”. Ademais, empregarase aglomerado en quente, “co que se garantirá a súa boa conservación durante moitos anos”. Outro dos aspectos destacados polo Presidente provincial provincial é a inclusión de sinalización horizontal e vertical así como de elementos reflectantes e de biondas.