Deputación de Lugo

Unha expedición de A Mariña Lucense inicia unha Viaxe Institucional a Uruguay

Imaxe deputación de lugo
Empresarios e representantes das institucións de A Mariña manterán durante sete días intensos contactos empresariais e diplomáticos no país sudamericano

Unha delegación formada polos xerentes das fundacións comarcais de A Mariña e empresarios partirá este domingo, día 1 de xuño, cara Uruguay. Nesta viaxe, organizada pola Deputación de Lugo e as Fundacións Comarcais, participarán tamén os alcaldes e membros das corporacións municipais dos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo. Os representantes das institucións lucenses e os empresarios manterán diversas entrevistas con autoridades locais e nacionais do país anfitrión. Haberá encontros de negocio nos que os empresarios e delegados das organizacións empresariais desprazadas terán a oportunidade de expandir o seu negocio cara o outro lado do océano. Viaxarán ata Uruguay empresarios de A Mariña relacionados cos sectores agrícola, gandeiro, pesqueiro, mineiro e madeireiro. Tamén haberá reunións con asociacións de galegos emigrados. Segundo explicou o Responsable da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo,Antonio Veiga, esta viaxe xurdiu tras a celebración o pasado ano do encontro cultural que levou por nome Os vínculos culturais Galiza-Uruguai: José Alonso Trelles “O vello Pancho” e Juana de Ibarburou. Estes encontros organizados polas Fundacións Comarcais da Mariña Central e Oriental, xunto cos concellos de Lourenzá e Ribadeo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, supuxeron o achegamento ás terras de A Mariña de expertos de ámbalas dúas marxes do Atlántico que fondaron coas súas ponencias, no tema da emigración galega a América e nos intensos e abundantes lazos de unión existentes a nivel cultural. AXENDA DELEGACIÓN A MARIÑA DE LUGO Luns 2 de xuño 09.30 Horas - Entrevista co señor Presidente da Xunta de Montevideo Profesor Gabriel Weiss 13.00 horas - Entrevista coa señora Ministro de Educación e Cultura Ing. María Simón 16.30 horas - Audiencia co señor Intendencia Municipal de Dr. Marcos Canelones Carámbula . Martes 3 de xuño 16.30 horas - Entrevista co señor Ministro de Turismo e Deportes Dr. Héctor Lescano 19.00 horas - Brinde ofrecido pola Asociación de Empregados Galegos do Uruguai Mércores 4 de xuño 10.00 a 11.00 horas - Seminario de Oportunidades de Negocios entre Uruguai e Galicia 11.00 horas - Rolda de Negocios 12..30 horas - Atopo con señor Intendente de Colonia Dr. Walter Zimmer Brindarase un ágape aos presentes 15.00 horas - Visita Guiada polo Casco Histórico, declarado Patrimonio Cultural por UNESCO. Ao culminar a visita, actuación do Coro Municipal de Colonia, na Basílica do Santísimo Sacramento. Hora 17.00 - Regreso a Montevideo Xoves 5 de xuño Visita a Punta do Leste (todo o día) Venres 6 de xuño 15.00 horas - Saída para o Departamento de Cerro Longo.. 20.00 horas - Cea ofrecida pola Intendencia de Cerro Longo Sábado 7 de xuño 10.00 horas - Audiencia co señor Intendente de Cerro Longo