Deputación de Lugo

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, deu a coñecer, co alcalde da cidade e co director do centro, as titulacións que a UNED impartirá en Lugo

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, deu a coñecer, co alcalde da cidade e co director do centro, as titulacións que a UNED impartirá en Lugo

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, xunto co director do Centro Asociado, José Luis Prieto e o Alcalde da cidade, José López Orozco presentaron as titulacións nunha rolda de prensa tras a celebración da xuntanza do padroado A Deputación incrementará en 60.000 € a dotación orzamentaria asignada á UNED co fin de incrementar os espazos no edificio FORCAM O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, participou na xuntanza do padroado do Centro Asociado á UNED en Lugo. Unha vez finalizada a xuntanza do padroado o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, xunto co director do Centro Asociado, José Luis Prieto e o Alcalde da cidade, José López Orozco, compareceron ante os medios de comunicación para dar conta das titulacións que serán impartidas polo Centro Asociado á UNED en Lugo. Para a elección das titulacións a implantar tívose en conta un estudio elaborado pola propia UNED no que se analizaron cales eran as titulacións que contan con máis demanda entre os estudantes galegos matriculados nos distintos centros que a UNED ten repartidos ao longo do estado español. Tamén se tiveron en conta as titulacións impartidas pola USC no campus de Lugo para evitar que exista competencia coas que se implantarán no centro asociado da UNED de Lugo, do mesmo xeito evitarase a coincidencia coas titulacións que se están a impartir nas aulas da UNED de Foz, Viveiro e Monforte. A pesares desto o director do Centro Asociado, José Luis Prieto, aclarou que o perfil do estudiante da UNED é moi distinto do perfil do estudiante da universidade convencional. Para impartir as máis de 20 titulacións a UNED abrirá, en breve, un proceso de selección para a contratación de 85 profesores-titores que se unirán aos preto de 60 que, hoxe en día, imparten docencia nas aulas dependentes da UNED de Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. Ademais a UNED ofertará 3 prazas de persoal administrativo e de servizos para a posta en marcha do centro de Lugo. INCREMENTO NAS APORTACIÓNS DAS INSTITUCIÓNS O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, informou que a Deputación de Lugo aportará un total de 260.000 euros para o funcionamento do Centro Asociado á UNED en Lugo e das aulas de Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. Na xuntanza do padroado de hoxe decidiuse incrementar en 60.000 euros a cantidade que a Deputación aportará, cifrada inicialmente en 200.000 euros, para que a UNED poida afrontar o acondicionamento dos locais necesarios no edificio FORCAM. Grazas a este incremento nas aportacións, a UNED, poderá dispoñer no edificio FORCAM de preto de 1.700 metros cadrados, fronte aos 700 metros cadrados iniciais. O Concello de Lugo tamén incrementará a cantidade que tiña prevista inicialmente en 40.000 euros con este mesmo fin. Na rolda de prensa, os comparecerentes sinalaron, que a falta de confirmar algunhas cantidades, o orzamento do Centro Asociado á UNED en Lugo rondará os 700.000 euros. Unha das cantidades sen confirmar é a que aportará a propia UNED, que destinará ao Centro Asociado á UNED en Lugo o 40 % dos ingresos das matrículas dos alumnos e alumnas que cursen estudios no centro de Lugo. TITULACIÓNS • Acceso a maiores de 25 anos. • Administración e Dirección de Empresas. • Antropolxía Social e Cultural • Ciencias Físicas. • Ciencias Matemáticas. • Ciencias Políticas. • Ciencias Químicas. • Dereito (Plan en Extinción). • Dereito. • Diplomatura en CC Empresariais. • Economía. • Educación Social. • Enxeñería Industrial. • Enxeñería Informática. • Enxeñería Técnica en informática de sistemas. • Enxeñería Técnica en informática de Xestión. • Enxeñería Técnica Industrial (Electrónica Industrial) • Enxeñería Técnica Industrial (Especialidade en Electricidade). • Enxeñería Técnica Industrial (Mecánica). • Filosofía (Plan en extinción). • Filosofía. • Historia. • Pedagoxía. • Psicoloxía (Plan en extinción). • Psicoloxía. • Psicopedagoxía. • Socioloxía. • Traballo Social. • Turismo. • Xeografía e Historia (Plan en extinción).