Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación e o Reitor da Universidade de Santiago estreitan relacións para a mellora do Campus lugués

A construción da nova Escola de Enxeñeiría e a elaboración do Plan Extratéxico provincial foron algúns dos asuntos abordados na xuntanza

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres ó actual Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro. Trátase do primeiro encontro institucional mantido polos representantes de ámbalas dúas entidades no que se abordaron temas de gran interese para o Campus de Lugo como a creación da nova Escola de Exeñeiría ou a elaboración do Plan Extratéxico da provincia. Gómez Besteiro destacou o traballo realizado polo seu antecesor, Francisco Cacharro, ó tempo que sinalou que o obxectivo da Deputación é seguir colaborando coa Universidade como se viña facendo ata o de agora “ creo que se fixo unha boa política coa Universidade. Hai que seguir mantendo a alianza estratéxica entre ámbalas dúas institucións”. O mandatario provincial comprometeuse a que desde a Deputación se realicen os esforzos necesarios para que os universitarios que rematan os seus estudos no Campos lugués queden na provincia para ser “ser cada vez máis prósperos” e resolver así, os problemas educativos que poidan xurdir. Neste senso, Gómez Besteiro, sinalou que é precisamante aquí donde a Universidade xoga un gran papel, para conseguir, engadiu “ que o noso paso pola Administración sexa rendible socialmente”. Pola súa banda, o Reitor da Universidade de Santiago, logo da xuntanza mantida co Presidente da Deputación, destacou a eficacia do organismo provincial por dar resposta á súa petición de que xunto co Organistrum se lle entregase un CD coa música, a única copia que existe no Centro de Artesanía e Deseño. Senén Barro, afirmou que logo da reunión “puiden constatar que o Presidente quere seguir apoiando á Universidade e superar o listón deixado pola anterior Corporación provincial”. Entre os moitos recursos que existen para apoiar a Universidade, o Reitor da USC, sinalou que o apoio da Deputación tamén é unha forma de axudar a todos os galegos e as galegas, reforzando así, o tecido socioeconómico de Galicia. Destacou a conformación do Campus de Lugo , xa que en captación de recursos por investigador de I+D+I ingresa anualmente máis de 6 millóns de euros, o que o convirte nun centro de ensino dinámico e activo por riba do de Santiago. O Reitor da USC rematou a súa intervención destacando a cordialidade coa que se desenvolveu a xuntanza “sentinme moi agusto e moi ben tratado” deixando entrever que a reunión mantida hoxe entre os dous mandatarios será o principio dunha relación intensa. Recepción Oficial Libro de Ouro O Reitor da Universidade foi recibido no Pazo Provincial polo Presidente da Deputación e o Vicepresidente Primeiro, e presentado oficialmente ós voceiros dos grupos políticos provinciais. Senén Barro asinou no Libro de Ouro da Provincia (“ ”) e recibiu como agasallo o Organistrum, unha réplica dun instrumento musical do Pórtico da Gloria restaurado polo Obradoiro de Instrumentos do Centro de Artesanía e Deseño. Este é un dos produtos seleccionados polo CENTRAD para a promoción dos artesáns lucenses.