Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación considera moi postivo para Lugo o nomeamento de José Blanco como novo Ministro de Fomento

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro dixo que “nos pon en boa disposición para conseguir importantes obxectivos en infraestruturas”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, considera moi positivo o nomeamento do lucense José Blanco como novo Ministro de Fomento. “A decisión do Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, de incorporar a José Blanco ó Consello de Ministros é unha gran noticia. Creo que o vai facer ben e que vai ser un gran Ministro pensando en España, pero especialmente tendo presente a súa condición de galego e de lucense”. Para Gómez Besteiro, vai ser importante porque “nos pon en boa disposición para conseguir obxectivos importantes en materia de infraestruturas, tanto ás que temos pendentes como aquelas nas que iremos traballando no futuro. Por tanto, é unha gran noticia o nomeamento do que vai ser un gran Ministro, José Blanco López, un gran lugués e un home que vai traballar, e sempre traballou, por Lugo. O Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez, daba a coñecer a primiera hora desta tarde os cambios no seu executivo, no que ademais do lucense José Blanco, que ocupará a carteira de Fomento, a tamén galega Elena Salgado pasará a ser a Vicepresidenta de Economía, o Presidente da Junta de Andalucía, Manuel Chaves, Vicepresidente para asuntos territoriais, o presidente da CRUE, Ángel Gabilondo, Ministro de Educación, a presidenta da Academia do Cine, Ángeles González Sinde, Ministra de Cultura e Trinidad Jiménez, Ministra de Sanidade e Políticas Sociais.