Deputación de Lugo

A Deputación amplía ata o 27 de outubro o prazo para a realización de obras do Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais de 2007

O organismo provincial e o INLUDES contratarán a 9 desempregados con subvencións da Consellería de Traballo

A Xunta de Goberno acordou ampliar ata o 27 de outubro de 2008 o prazo de realización das obras subvencionadas dentro do Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais correspondente ó ano 2007, así como a rendición das contas xustificativas. Na rolda de prensa posterior á Xunta, o voceiro socialista e Deputado da Área de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, dixo que “esta decisión está motivada pola paralización do proceso que houbo para correxir as irregularidades na aprobación por parte da Xunta de Goberno do 6 de xullo de 2007”. O prazo acababa en xuño de 2008 polo que suspensión do proceso “acortou os prazos e puido provocar retrasos nas obras”, sinalou Gato Soengas. O responsable de Cooperación cos Concellos tamén adiantou que nos próximos días finalizará o pagamento de obras correspondentes os Plans de 2005 e 2006. “Estes atrasos débense á situación anterior que estamos intentando resolver coa maior rapidez posible”. Precisamente en relación o Plan de 2007, este venres aprobáronse 13 contas xustificativas. Os proxectos suman en total 115.931 euros, dos que a Deputación achega 72.771 euros. As obras corresponden a Comunidades Veciñais e Asociacións dos Concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Guitiriz, Palas de Rei, Lourenzá, As Nogais e Outeiro de Rei. Promoción de emprego A Deputación e o INLUDES contratarán a 9 desempregados durante un ano grazas as subvencións solicitadas polo departamento que dirirxe a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, á Consellería de Traballo para o fomento do emprego a través de programas de cooperación. A Xunta de Goberno deste venres deu o visto e prace á subvención de 100.868 de euros do executivo autonómico para a contratación na Deputación de 5 traballadores. A axuda concedida para os outro catros contratos deberá ser ratificada polo Consello Reitor do INLUDES. Na Deputación contratarase un licenciado en economía e un enxeñeiro informático que realizarán traballos no Servizo de Apoio á Contratación, Fomento e Cooperación. Os outros tres destinaranse ó Servizo de Potenciación de Recursos do Arquivo Provincial, e deberán ser diplomados en biblioteconomía e documentación. Polo que se refire ós 4 contratos subvencionados para o INLUDES, ocuparán praza de conserxe no Centro de Artesanía e Deseño. Antonio Gato dixo que “esta iniciaitiva está dirixida a desempregados incritos nas Oficinas de Emprego. Terán preferencia mulleres vitimas de violencia sexista, minusválidos e mulleres, mozos e homes, por esta orde, que teñan condición de parados de longa duración”. Gardería do campus Por outra banda, deuse conta á Xunta de Gobernó da senteza do Xulgado Contencioso-Administrativo que desestimou o recurso interposto pola Deputación contra o acordo da Xunta de Goberno do Concello de Lugo de outubro de 2006 no que desestimaba a petición de silenzo administrativo positivo formulado polo organismo provincial para a construción dunha gardería no campus universitario. O xulgado dá a razón ó Concello ó entender que non se pode aplicar o silenzo administrativo ó estar esta obra incluída na área de suspensión de licenzas aprobada en acordo plenario. O vocero socialista anuniciou que a Deputación “non vai recurrir esta sentenza, polo que o asunto quedará desbloqueado coa aprobación provinsional do PXOM”. Antonio Gato lembrou que o actual Presidente da Deputación era Concelleiro de Urbanismo do Concello de Lugo. “A sentenza demostra que Gómez Besteiro tiña a razón naquel momento”.