Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Xunta e a Deputación de Lugo abren vías de colaboración en materia de xuventude

Ambas institucións firman un acordo para a promoción das actividades do Centro Quérote na Provincia de Lugo

A Vicepresidenta Terceira e Delegada de Xuventude da Deputación presentou hoxe xunto co Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, e a delegada de Vicepresidencia da Xunta, Branca Rodriguez, os contidos do protocolo de colaboración asinado entre a Vicepresidencia da Xunta e a Deputación de Lugo para a promoción dos Rede de Centros Quérote na provincia. O protocolo impulsado dende os departamentos de Xuventude ten como obxecto dar a coñecer a Rede de Centros en todo o territorio lucense, como punto de encontro entre profesionais e xuventude na asistencia, asesoramento e formación en materia afectivo-sexual. Entre os puntos concretos do acordo, q empezará a materializarse a partires do 15 de xullo deste ano, están as accións informativas por toda a provincia, seguindo coa liña establecida dende a Dirección Xeral de Xuventude e chegando a xuventude de todos os concellos lucenses. Ademáis están previstas medidas de divulgación do servizo, coa colocación de publicidade nos concellos, medios de trasporte e páxinas web, incluíndo nesta última un posible enlace dende a páxina da Deputación de Lugo. Estes centros, creados no 2007, contan con varias sedes en funcionamento, como as de Santiago, Lugo, Ourense e Burela, e outras en previsión,como é o caso de Pontevedra, Vigo, Ferrol e A Coruña, e conforman un proxecto innovador e pioneiro que complementa as actuacións levadas a cabo dende o ámbito sanitario e os centros de planificación e orientación familiar. A parte de estes centros, o equipo de profesionais de Quérote atende consultas non presenciais telefónicamente ou a traverso da páxina web (www.querote.org), trasládase a diversos eventos, como concertos, ou acode a centros educativos para planificación de charlas e conferencias. Con este acordo non só se establece una colaboración continúa e fluída entre os dous entes, senón que ademáis inaugúranse as políticas específicas da Deputación de Lugo en materia de Xuventude