Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo selecciona persoal para prestar servizos de carácter temporal nos hospitais provinciais

Imaxe deputación de lugo
A Área de Recursos Humanos, Formación e Réxime Interior oferta 14 prazas en total

A Área de Recursos Humanos, Formación e Réxime Interior da Deputación de Lugo selecciona persoal para prestar servizos con carácter temporal –funcionario interino e contratado laboral temporal- nos hospitais provinciais de San Rafael e San José. En total ofértanse 14 prazas que se distribúen do seguinte xeito: 8 auxiliares de enfermería -3 para o hospital de San José e 5 para o Centro Residencial e Rehabilitador San Rafael-, 3 celadores e 2 obreiros para o de San José, e 1 porteiro para o Centro de Castro Riberas de Lea. No proceso de selección valorarase a experiencia ou servizos prestados no mesmo posto ou en cargos semellantes, cursos, idiomas comunitarios e galego, superación de exercicios, titulacións e entrevista. Deste xeito, no caso da praza de auxiliar, os solicitantes deben estar en posesión do título de Técnico Auxiliar en coidados auxiliares ou do título de Formación Profesional de primeiro grao. No resto dos casos, só se precisa o Certificado de Escolaridade ou equivalente. Os aspirantes deberán superar dous exercicios, un teórico e outro práctico, relacionados cos contidos do temario recollido nas Bases que sairon publicadas no Boletín da Provincia do 15 de abril de 2008. Os interesados deberán presentar a solicitude en modelo oficial nun prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP. O anuncio pode consultarse na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.org, e a través do número de teléfono do departamento de Negociado de Selección do organismo provincial, 982 26 00 43.