Deputación de Lugo

700 familias de Fonsagrada recibiron da Deputación decodificadores para ver a TDT

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro asegura que con esta actuación aseguramos o sinal de televisión porque a igualdade xa non é o cemento senón as novas tecnoloxías

O titular provincial visitou a estrada que a Deputación acometeu nesta localidade con máquinas do parque móbil provincial, ademais de obras incluídas no Plan de Comunidades Veciñais O Concello da Fonsagrada beneficiarase do Plan de Obras de canon 2008-09 que o organismo provincial aprobará no Pleno deste mes 700 familias do Concello de Chantada beneficiáronse dos decodificadores de TDT que a Deputación, a través da Fundación TIC, entregou hoxe a este Concello co obxectivo de culminar o apagón analóxico. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, visitou este mércores este municipio, onde ademais de facer entrega destes dispositivos ó rexedor municipal, Argelio Fernández, mantivo diversas entrevistas cos veciños de varias parroquias nas que o organismo provincial executou obras do Plan de Comunidades Veciñais. Gómez Besteiro subliñou que “este é co custe que deben correr as entidades locais, pero que asumimos desde a Deputación ó igual que o fixemos hai algúns meses na Mariña, donde sufragamos un remisor que hoxe permite recibir sinal da TDT a 500 familias da Foz, Lourenzá e Barreiros. Agora, con esta actuación tamén aseguramos o sinal de televisión ós fonsagradinos porque a igualdade xa non é o cemento senón as novas tecnoloxías”. Na actualidade, o sinal de Televisión Dixital Terrestre segue sen chegar a un 10% da poboación deste municipio. Os núcleos que presentan maiores problemas son Freixo, Val de Piñeira e varios núcleos do Val de Burón. “Coa axuda da Deputación quedarán resoltos estes problemas e contribuímos a poñer fin ó illamento que estes veciños teñen debido, moitas veces, ás propias condicións orográficas da Fonsagrada”. O Concello da Fonsagrada foi o primeiro de España no que se experimentou o apagón analóxico, o pasado 5 de abril, que en 2010 será xeralizado. Gómez Besteiro, lembrou tamén que A Fonsagrada será un dos Concellos que se beneficiarán do Plan de Obras do canon 2008-09 que o organismo provincial aprobará no Pleno deste mes. Parque móbil O máximo mantario provincial, acompañado polo Alcalde da localidade, Argelio Fernández, comprobou in situ as obras de mellora que a Deputación acometeu coas máquinas do renovado Parque Móbil provincial na vía local entre a LU-740 e o núcleo de Maderne, na que traballou un equipo de rego formado por 2 camións e 1 apisonadora. O Presidente destacou o importante esforzo que está a facer a Deputación para renovar o Parque Móbil, “unha actuación que é imprescindible para atender as necesidades dos Concellos da nosa provincia coa rede de estradas máis extensa de España. Poñemos a disposición dos municipios da provincia as nosas máquinas para o arranxo, mantemento e limpeza das vías municipais”. Lembrou que o actual equipo de goberno aumentou o presuposto deste servizo en 1.275.378 euros, o que representa un incremento de máis do 90%. En 2007 o orzamento era 1.348.538 euros e en 2009 ascende a 2.623.916 euros. Na actualidade, o Parque Móbil provincial, que conta con 125 vehículos, presta as súas máquinas ós municipios para que estes leven a cabo o arranxo das estradas de titularidade municipal. Comunidades Veciñais En concreto, o Presidente visitou hoxe a fonte veciñal de Trobo, que foi acondicionada a través do Plan de Comunidades Veciñais de 2008. Este Plan contempla 7 obras de entidades veciñais da Fonsagrada ós que a Deputación achega un total de 32.648 euros. Gómez Besteiro dixo que “é moi gratificante ver este exemplo de colaboración entre os veciños e as administracións para darlle solución a problemas puntuais como a execución de pequenos abastecementos de agua potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeados públicos, acondicionamento de camiños rurais, ou mesmo a rehabilitación desta fonte”. O Concello da Fonsagrada tamén se sumou por primeira vez este ano ó convenio para a xestión da roza das estradas provinciais que hai no seu termo municipal: 132,4 quilómetros. Para o desbroce destas vías, a Deputación destina 23.400 euros. Por outra banda, este Concello está integrado na zona 8 do plan de conservación integral das estradas provinciais, xunto cos de Negueira de Muñiz e Navia de Suarna. O mantemento dos 288,267 quilómetros destes tres municipios foi adxudicado para este ano por 788.622euros. Ademais, recibiu 31.544 euros do Fondo Extraordinario da Deputación que complementa o Fondo de Investimento Local do Goberno central. Esta cantidade corresponde ó 4% dos 840.340 euros concedidos a través do Plan E.