Deputación de Lugo

O Deputación de Lugo pon en marcha obradoiros portátiles de cestería, tapiz e fabricación de instrumentos musicais adicados a escolares

Imaxe deputación de lugo
Artesáns do CENTRAD impartirán estes cursos que se desenvolverán por toda a provincia

O vindeiro luns, día 14 de xaneiro, darán comezo os obradoiros portátiles destinados a escolares de Primaria e Secundaria que organiza o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Cestería, tapiz e fabricación de instrumentos musicais serán as modalidades que centrarán estes cursos que se desenvolverán ó longo dos vindeiros meses en distintos colexios da provincia. O obxectivo dos mesmos, tal e como indicou a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, “é recuperar os oficios artesanais desde a etapa escolar dándolles a oportunidade de aprender e coñecer oficios de gran tradición na provincia”. Os CEIP Monseivane de Vilalba e Fondo-Nois de Foz serán os primeiros centros en acoller estes obradoiros que no mes de xaneiro estarán adicados á cestería. Desde o día 14 ata o día 16, os alumnos destes dous colexios, a partir das 16:00 horas e 17:00 horas respectivamente, terán a oportunidade de coñecer as principais técnicas para a elaboración de cestos grazas á experiencia de artesáns formados no CENTRAD, que serán os encargados de impartir o curso. 954 escolares de 35 colexios da provincia -Vilalba, Parga, O Saviñao, Monforte de Lemos, Becerreá, Meira, Lugo, Viveiro, Sarria, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Lourenzá, Xove, A Pastoriza, Quiroga, Burela, Vilalba, Xermade, Palas de Rei, Outeiro de Rei, Foz, Cervo, A Pontenova, Corgo e Castroverde- serán os destinatarios destes obradoiros. “Practicamente dáse cobertura á toda a provincia e atendemos a todos os rapaces que noutra situación non poderían disfrutar destes obradoiros por atoparse demasiado lonxe da capital”, subraiou Lara Méndez.