Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo acometerá este mes a sinalización do colexio de Escairón que mellorará a seguridade
vial da zona

Técnicos do organismo provincial visitaron esta semana o lugar para concretar a actuación

A Área de Infraestruturas da Deputación de Lugo da que é respondable ó Deputado, Manuel Martínez, procederá nos vindeiros días á posta en marcha dun plan que mellorará a seguridade vial nas inmediacións do colexio de Escairón, no Concello do Saviñao. O organismo provincial enviou esta semana técnicos para determinar o tipo de sinalización que se vai instalar no entorno do centro educativo. O Deputado de Infraestruturas sinalou que “desta forma dáse resposta a unha vella demanda solicitada polos veciños do municipio e da comunidade escolar”. O Colexio de Escairón, situado na rúa provincial Rosalía de Castro, atópase nunha zona que rexistra un alto nivel de circulación. “No lugar producíronse varios accidentes motivados en parte pola deficiente sinalización e que afectaron ós escolares, un problema que desde a Deputación tentaremos solventar con este plan de seguridade”, afirmou Manuel Martínez. O proxecto, inclúe a instalación de bandas acústicas, así como a colocación de sinais verticais e horizontais que avisarán ós condutores da limitación de velocidade ó tempo que advirtirán da precaución que deben ter por tratarse dunha vía urbana e dunha zona escolar. Segundo o Deputado de Infraestruturas os traballos comezarán nos vindeiros días e poderían estar rematados a finais do mes de xaneiro.